·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránA praia de Panxón acolle este sábado a xa clásico Torneo Internacional...

A praia de Panxón acolle este sábado a xa clásico Torneo Internacional de Rugbi – Praia

A praia de Panxón acolle este sábado a xa clásico Torneo Internacional de Rugbi - PraiaO clube Melgachos Vellos Rugbiers volve a ofrecer este trofeo suspendido o verán pasado por seguridade Covid-19  e nesta edición se celebra con test de antíxenos obrigatorios

O Concello de Nigrán retoma un ano máis este sábado 4 de setembro a través do clube Melgachos Vellos Rugbiers o xa clásico torneo internacional de rugbi-praia de veteranos en Panxón, suspendido o verán pasado por seguridade sanitaria ante o Covid-19 e proporcionando a organización nesta séptima edición o test de antíxenos obrigatorio para cada xogador. Como novidade, a competición abandona praia América para situarse na de Panxón. Nun campo de area de 30X25 m/2, os equipos formados por 5 xogadores cada un se enfrentan desde as 10:30 horas en partidos de 10 minutos de duración e dexeito alterno para cada categoría de veteranos, desputando cadanseu mínimo de 3 partidos.

O torneo está consolidado xa como o referente do rugby praia en Galicia e un dos eventos máis prestixiosos de España nesta modalidade, non só pola cantidade de participantes que o disputan, senón polo nivel dos equipos, procedentes de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal e pola espectacularidade e o atractivo desta modalidade deportiva.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies