O clube Melgachos Vellos Rugbiers volve a ofrecer este trofeo suspendido o verán pasado por seguridade Covid-19 e nesta edición se celebra con test de antíxenos obrigatorios
O Concello de Nigrán retoma un ano máis este sábado 4 de setembro a través do clube Melgachos Vellos Rugbiers o xa clásico torneo internacional de rugbi-praia de veteranos en Panxón, suspendido o verán pasado por seguridade sanitaria ante o Covid-19 e proporcionando a organización nesta séptima edición o test de antíxenos obrigatorio para cada xogador. Como novidade, a competición abandona praia América para situarse na de Panxón. Nun campo de area de 30X25 m/2, os equipos formados por 5 xogadores cada un se enfrentan desde as 10:30 horas en partidos de 10 minutos de duración e dexeito alterno para cada categoría de veteranos, desputando cadanseu mínimo de 3 partidos.
O torneo está consolidado xa como o referente do rugby praia en Galicia e un dos eventos máis prestixiosos de España nesta modalidade, non só pola cantidade de participantes que o disputan, senón polo nivel dos equipos, procedentes de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal e pola espectacularidade e o atractivo desta modalidade deportiva.



