spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda distinguida con 2 Flores de Honra do programa "Vilas en...

A Guarda distinguida con 2 Flores de Honra do programa “Vilas en Flor”

A Guarda distinguida con 2 Flores de Honra do programa Vilas en FlorO pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendeiro Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño. Resaltouse o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, pondo en valor os proxectos realizados recentemente coma o entorno do Castelo de Santa Cruz, a Rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras. Destacouse como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinado moi preto da Alameda da Guarda.

a-guarda-reclama-a-2a-fase-da-posta-en-valor-do-castelo-de-santa-cruz
Interior Castelo de Santa Cruz

O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron «in situ» todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do entorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila.

O xurado distinguiu tamén a Chantada e Allariz con catro flores de honra como as vila máis fermosas de Galicia e Caldas de Reis e Salvaterra con tres flores. Ademáis de Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous e finalmente foron recoñecidos cunha flor de honra, Gondomar, Ortigueira e Baiona.

A Guarda distinguida con 2 Flores de Honra do programa Vilas en Flor
Foto de familia dos participantes na II edición de Vilas en Flor

“Vilas en flor” segue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. O proxecto conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a colaboración de Rainbird,  Abn Abastecementos, Husqbarna, Fliwer e Hunter.

O programa Vilas en Flor,organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste ( Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería ( Agaexar), conta xa coa participación de 16 concellos. 

 “Vilas en flor” é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.

As “Flores de Honra” son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo o criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Hai cinco niveis: de unha a cinco Flores de Honra. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Poden participar todos aqueles municipios da comunidade galega que teñan menos de cincuenta mil habitantes.

- Publicidade -spot_img