spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Festa da Arribada 2024 contará cunha rede de cámaras de...

A Festa da Arribada 2024 contará cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia para aumentar a seguridade durante a súa celebración

a-festa-da-arribada-2024-contara-cunha-rede-de-camaras-de-video-vixilancia-para-aumentar-a-seguridade-durante-a-sua-celebracionA Festa da Arribada 2024 contará cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia para aumentar a seguridade durante a súa celebración para evitar roubos e resolver incidencias

Revista Cousas De Nº20

O Concello de Baiona acolleu a Xunta Local de Seguridade co motivo da XXVIII Festa da Arribada. A reunión foi presidida por Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra, e polo alcalde, Jesús Vázquez Almuiña. Responsables e mandos da Policía Local de Baiona e Nigrán, da Garda Civil do Posto Prinicpal de Baiona, da Garda Civil de Tráfico e da Comandancia de Pontevedra; e representantes da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) revisaron o plan de seguridade que se poñerá en marcha para garantir a seguridade dos miles de visitantes que acudirán a festa durante os tres días de celebracións.

Nesta edición 2024, como novidade respecto a anos anteriores, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) reforzará a seguridade cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia intensificando a vixilancia para previr os roubos e furtos dos carteiristas, evitar aglomeracións e resolver incidencias. Un total de 9 cámaras, 3 de cobertura fixa, e 6 de cobertura 360 graos domo, ambas as modalidades con sistema infravermellos que gravarán permanentemente tanto de día como de noite aos longo dos tres días.

a-festa-da-arribada-2024-contara-cunha-rede-de-camaras-de-video-vixilancia-para-aumentar-a-seguridade-durante-a-sua-celebracion

O alcade de Baiona, Jesús Vazquez Almuiña, sinala que “As cámaras, que achegan imaxes de puntos estratéxicos da festa en cada momento, proporcionando información en tempo real de todo o que está a ocorrer na rúa, que chegarán en tempo real ao Posto de Mando Avanzado, facilitando deste xeito o labor do operativo de seguridade xa que se trata dunhas ferramentas moi útiles que permitirán evitar e esclarecer actos delituoso así como actuar desde a prevención”.

O rexedor salienta en que “Coa instalación deste novo sistema de cámaras de videovixilancia demos un paso máis aló: A seguridade é unha prioridade e un compromiso primordial para que a nosa festa de interese turístico internacional siga crecendo e mellorando sempre da man da protección para que os baioneses e os miles de visitantes que vén a Baiona durante esa fin de semana gocen da festa con tranquilidade e seguridade”.

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN FESTA DA ARRIBADA 2024

Durante o encontro concretáronse as accións para seguir polos efectivos da Policía Local, Garda Civil e a Axencia Galega de Emerxencias que participarán do 1 ao 3 de marzo no dispositivo despregado con motivo Festa da Arribada para garantir a seguridade en Baiona. Analizáronse e previñéronse distintos escenarios e consecuencias que poden derivar da organización dunha festa de Interese Turístico Internacional da magnitude da Arribada, referente en Galicia e o territorio Nacional.

Así, a Policía Local de Baiona terá apoio de axentes doutras policías locais comisionadas doutras xefaturas, e apoio de axentes da Garda Civil que desprazará un gran número de efectivos e encargarase, entre outras tarefas, de controlar os accesos ao Val Miñor para que non se rexistre ningún incidente. Así como garantila seguridade cial con rpuenas de alcoholemia, drogas… O Concello de Baiona comunicará e solicitará a colaboración da Garda Civil MARÍTIMA, SEPRONA, FISCAL, USECIF e TRÁFICO. Aos servizos uniformados sumaráselle o reforzo de unidades policiais de paisano no recinto da festa.

Baiona opta de novo a Fondos Next Generation cun proxecto para “Revitalizar o Casco Histórico e que sexa un espazo accecible, dixital e con mellores servizos”

Na zona do centro histórico reordenarase o sentido de circulación de peóns nunha única dirección (sentido das agullas do reloxo). Instalarase sinalización informativa de dirección. A organización establecerá membros seguridade privada para controlar o sentido da circulación así como a estancia de público nas zonas destinadas para a degustación.

Para garantir a seguridade no desenvolvemento da festa dispoñerase de número de axentes e medios materiais acordes ás funcións para desenvolver, ao obxecto de actuar con maior celeridade #ante os posibles riscos de orde pública que se poidan presentar na zona de máxima concentración de persoas, e nas horas nocturnas onde a actividade do Mercado Medieval será compatible co lecer nocturno.

As actuacións encamiñadas a prevención de alteracións de orde pública céntranse na presenza policial nos puntos de interese técnico, zona interior do centro histórico. Unidades uniformadas percorrerán as rúas interiores disuadindo coa súa presenza posibles condutas incívicas. Unidades policiais de paisano darán cobertura ás unidades uniformadas, sendo a ferramenta plausible de intervención en zonas saturadas, informando o xefe de servizo das incidencias rexistradas e actuando en consecuencia.

OPERATIVO NOCTURNO PECHE MERCADO MEDIEVAL E DESALOXO

Situaranse unidades policiais nos lugares de máxima concentración de persoas: Contorna de Santa Liberata, Praza do Concello, Praza Pedro de Castro, e demais zonas de lecer ata ao desaloxo completo do Centro histórico. Finalizado o desaloxo da zona interior darase cobertura ao embarque de pasaxeiros de autobuses na Rúa Xesús Valverde (Parador) e de sucesivo na rotonda Alfonso IX (PO 552-Porto pesqueiro), realizando un acompañamento dos autobuses en previsión de alteracións da orde.

Transporte Público

O Concello de Baiona aposta polo uso do transporte público, ofrecendo un servizo de lanzadeiras gratuítas tanto a Porto do Molle como directamente a Vigo co fin de fomentar o uso deste tipo de transporte. O Concello de Baiona habilitará un ano máis un aparcamento de 10.000 prazas totalmente gratuíto no parque de Porto do Molle (Nigrán), desde onde partirán lanzadeiras (tamén gratuítas) cada media hora. Ademais, haberá barcos que conectarán o porto de Baiona co de Vigo, Cangas, Moaña e Panxón.

Posto de mando avanzado

En canto ao posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) estará situado no porto pesqueiro e desde alí coordinarase todo o plan de seguridade. Nesta zona, instalarase unha Unidade Asistencial o Hospital de Campaña. Tamén se dispoñerá dun posto de emerxencias sanitarias na zona de Santa Liberata, integrado por unha Ambulancia de Soporte Vital Avanzado (Tipo C) e atendido por un Médico, un D.U.E. e un T.E.S. Para ultimar os preparativos ao longo deste mes, realizaranse distintas reunións técnicas cos operativos de AXEGA, Protección Cilvil, GES Val Miñor, Incendios da Xunta, Servizos Facultativos de Emerxencia e Policias Locais do Val Miñor.

- Publicidade -spot_img