spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Escola de Vela ABANCA do Monte Real clausura a súa tempada...

A Escola de Vela ABANCA do Monte Real clausura a súa tempada na baía de Baiona

Escola-Vela-ABANCA-Monte-Real-Club-Yates-clausura-tempada-baía-Baiona

A Escola de Vela Abanca do Monte Real Club de Yates clausurou este fin de semana na baía de Baiona a súa tempada 2014-2015 coa celebración dunha regata na que competiron todos os alumnos e alumnas das distintas categorías.

Preto de 50 alumnos de Iniciación, Optimist, Cadete e 420 disputáronse este fin de semana as últimas regatas a Liga Social que organiza o club baionés

Preto de 50 regatistas de entre 7 e 16 anos, de Iniciación, Optimist, Cadete e 420 saíron á auga para disputar as probas finais da liga Social do club, unha competición interna que os alumnos da escola disputan desde hai meses.

Teresa Infante e Pedro Salgado venceron en Optimist, Beira Bernárdez e Nerea Rodríguez en Cadete, e Jorge González e Pablo Carneiro en 420

Na clase Optimist, os vencedores foron Teresa Infante e Pedro Salgado, que adestran nas categorías verde e azul respectivamente. En Cadete, o ouro da competición foi para o equipo formado por Beira Bernardez e Nerea Rodriguez; e Jorge González e Pablo Carneiro fixéronse coa vitoria na Clase 420.

Os responsables de entregar os premios aos gañadores foron o responsable de zona de ABANCA, Enrique Marticorena; o concelleiro de actividades marítimas de Baiona, Raúl Costas; o vicecomodoro do club Fernándo Yáñez; e o responsable da Escola de Vela, Carlos Rúa.

Con clausúra da tempada anual empezan no Monte Real as actividades de verán, que inclúen todo tipo de cursos e propostas de lecer

A liga Social do Monte Real Club de Yates empezará a disputarse de novo o próximo mes de setembro, cando se retome a actividade habitual da escola. Até entón desenvolverase a programación estival do club, que inclúe todo tipo de actividades para nenos e maiores. Un campamento náutico, cursos de vela lixeira e cruceiro, escapadas ás Illas Cíes ou atardeceres en veleiro son algunhas das propostas que se ofrecen.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.