spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Deputación de Pontevedra financia a publicación do libro "Gondomar Versus Raleigh"

A Deputación de Pontevedra financia a publicación do libro “Gondomar Versus Raleigh”

Deputación-Pontevedra-financia-publicación-libro-Gondomar-Versus-Raleigh

O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ven de publicar o anuncio polo que se lle concede máis de 4.000 euros ao concello de Baiona para financiar a publicación do libro “Gondomar Versus Raleigh” de Fernando Bartolomé Benito.  Unha obra  centrada na histórica rivalidade entre o conde de Gondomar, don Diego Sarmiento de Acuña e Sir Walter Raleigh.

A obra do catedrático Fernando Bartolomé Benito céntrase na inimizade entre o  aristócrata e o  pirata inglés  

Coñecedor da figura do noble, o catedrático de Lingua e Literatura Española e experto no Século de Ouro,  Fenando Bartolomé da conta da grande inimizade entre ambos despois de o conde de Gondomar, embaixador de España en Inglaterra entre 1613 e 1622, mandara castigar ao pirata inglés polo ataque a Santo Tomé co que  incumpriu  a capitulación  da Corona inglesa para navegar.

Encarcelado durante 12 anos, Raleigh foi posto en liberdade pero Diego Sarmiento de Acuña non cesou nas súas ansias de venganza  ata conseguir que en 1618  o  pirata, que popularizou o tabaco en Europa,  fora decapitado por mandato do Rei.

Diego Sarmiento de Acuña, o “Maquiavelo español”

Nado en Gondomar o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi coñecido como o “Maquiavelo español”. Fillo de García de Sarmiento, foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario Maior de Toledo.

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III  edo seu fillo Filipe IV en Inglaterra. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado Conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de1617, co respaldo do Consello de Estado.

Membro deste consello dende 1623, foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 sen chegar a tomar posesión.

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Reclamación que se conseguiría en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV.

Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego mediante a fortificación de determinados puntos estratéxicos e a construcción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia.

- Publicidade -spot_img