spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Concellaría de Educación convoca a XIII edición do Certame Literario Conde...

A Concellaría de Educación convoca a XIII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

Gondomar-certamen literarioPoderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos

A Concellaría de Educación do concello de Gondomar, dirixida por Paula Bouzós, convoca o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.

Nesta XIII edición, establécense dúas modalidades, Poesía (mínimo de 14 versos, máximo 50) e Relato Curto (máximo 15 folios DIN A4). Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Os participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 30 de abril, á seguinte dirección: Oficinas Concello de Gondomar, Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar. Tamén se poderán entregar directamente no Rexistro do Concello.

Concederanse dous premios por cada nivel, un por poesía e outro por relato curto:

• Nivel1: terceiro ciclo de educación primaria. Dous premios por valor de 150 euros.
• Nivel 2: 1º, 2º, e 3º da ESO. Dous premios por valor de 200 euros.
• Nivel 3: 4º da ESO e Bacharelato. Dous premios por valor de 300 euros.
• Un premio por valor de 250 euros para o centro con maior participación e calidade.

Ademais o xurado poderá facer entrega dos accésits que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo exaequo entre dous autores.

Coa posta en marcha deste certame o Concello de Gondomar asume un compromiso co que pretende potenciar a creatividade literaria da xuventude en lingua galega.

Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases na páxina web do Concello:www.concellodegondomar.info.

- Publicidade -spot_img