spot_img
InicioVal MiñorNigránA Comunidade de Montes de Camos e o Concello de Nigrán habilitan...

A Comunidade de Montes de Camos e o Concello de Nigrán habilitan un miradoiro no piricoto de Vilar

A Comunidade de Montes de Camos e o Concello de Nigrán habilitan un miradoiro no piricoto de VilarA infraestrutura de madeira permite unha visión panorámica de boa parte do Val Miñor, ofrecendo unhas vistas únicas da parroquia de Camos 

O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Camos veñen de habilitar un miradoiro no coñecido popularmente como o ‘Piricoto do Vilar’, no parque forestal á beira do coñecido como sendeiro das Medoñas que se inicia en Priegue, atravesa Camos e finaliza en Chandebrito.

A infraestrutura de madeira de pino tratada para exterior (encargada a unha carpitentería do municipio e cun investimento de 3.000 €) mide uns 15 metros cadrados e se asenta sobre unha rocha xa frecuentada desde sempre pola veciñanza pola súa sorprendente panorámica de toda a comarca.

Desde ela pódese divisar a parroquia de Camos desde unha perspectiva moi pouco coñecida, coa rúa San Roque e o Torreiro como eixos dunhas vistas que abarcan desde o extremo esquerdo con Chandebrito ata todo o litoral de Nigrán e Baiona á dereita.

“É unha panorámica impresionante, moi pouco coñecida, onde podemos ver Camos e todo o Val Miñor desde unha perspectiva única e case diría que inédita”, incide o alcalde, Juan González, quen encadra a iniciativa na súa aposta por promover “o encanto das parroquias do interior e os seus sendeiros forestais máxicos”. “Seguimos co noso lema de ‘Nigrán, equilibrio natural’, onde mar e montaña se dan a man en perfecta harmonía”, destaca. “Incentivamos que a xente camiñe polos nosos montes e coñeza a nosa parroquia, é un xeito máis de por Camos en valor”, engade Gerargo Ferreira, presidente da Comunidade de Montes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.