Inicio Pontevedra A Biblioteca Municipal de Nigrán sumou 376 novos libros no mes de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán sumou 376 novos libros no mes de agosto ata incrementar o fondo a 33.479 volúmenes en total

Biblioteca-Municipal-Nigrán-sumo-376-novos-libros-mes-agosto-incrementar-fondo-33.479-volúmenes-total

A instalación suma 3.766 socios, 200 deles incorporados ao longo deste ano 2015 O Concello descarta trasladar a sala de lecturas ás escolas de Cotros, onde actualmente está cerámica 15/09/2015

A Biblioteca Municipal de Nigrán sumou este mes de agosto 376 libros a súa colección, o que supón actualmente un fondo total de 33.479 exemplares (entre libros, revistas, CD, DVD, etc.) e un aumento de compras dun 15% con respecto ao ano anterior. Entre estes libros hai narrativa como “Cadeas”, de Xabier López, ou Diario de Inverno, de Paul Auster, pero tamén se adquiriron exemplares de historia, guías turísticas, gramáticas… Ao longo do ano 2015 sumáronse á instalación ubicada no Cean 3.030 libros, efectuándose 5.466 préstamos entre 1.123 socios.

Precisamente, tódolos últimos venres de mes, neste caso o día 25 de setembro, realízase unha exposición de novos libros infantís e xuvenís. Os volúmenes más solicitados son, por esta orde: “Dispara, yo ya estoy muerto”, de Julia Navarro; “Cincuenta sombras liberadas”, de James E.L.; e “La isla de las mil fuentes”, de Sarah Lark. A Biblioteca ten 3.766 socios aínda que recibe máis de 8.000 visitantes cada ano (neste 2015 xa se superan os 6.000).

usuarios biblio nigrán

 

Para facerse socio tan só é necesario encher unha ficha de inscrición na propia instalación ou ben vía telemática, é de balde e non é necesario estar empadroado en Nigrán para poder gozar sos seus servizos. A biblioteca conta cun blogue en internet no que actualiza toda a súa información puntualmente (https://bibliotecadenigran.wordpress.com) e onde incluso se poden atopar as recomendacións e críticas literarias dos propios usuarios.

O horario dende este mes de setembro é xa o habitual: de luns a venres, polas mañás de 10:00 a 14:00 e, polas tardes, de 16:00 a 20:00, os sábados de 10:00 a 14:00. Cotros O actual goberno municipal de Nigrán descarta trasladar a sala de lectura ás antigas escolas de Cotros, situadas na rúa Sarmiento (Mallón) e como si proxectaba o anterior goberno.

Nigrán-proxecta-habilitar-antigas-escolas-Cotros-biblioteca-municipal

Este espazo é empregado dende o ano 2007 pola escola municipal de cerámica e non se considera necesario facer ningún cambio. “Non tiña ningún sentido un proxecto que consistía en manter a Biblioteca no Ceán habilitando unha sala de lectura con menos capacidade aínda e situada en Cotros, moi distante e onde non estarían a disposición dos usuarios os libros; ademáis, alí xa se desenrola unha actividade con gran número de alumnado que sería moi difícil recolocar”, sinala o alcalde Juan González. “Ao tratarse dunha subvención da Deputación farase unha petición para cambiar o destino da mesma e que supoña un beneficio para os cidadáns de Nigrán e non un problema”, indica o rexedor.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies