spot_img
InicioO SalnésArousaA asociación cultural “Terra de Cardos” inicia a súa andaina no Salnés...

A asociación cultural “Terra de Cardos” inicia a súa andaina no Salnés cunha exposición

a-asociacion-cultural-terra-de-cardos-inicia-a-sua-andaina-no-salnes-cunha-exposicionA asociación cultural “Terra de Cardos” inicia a súa andaina no Salnés cunha exposición que contou coa presenza do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López

Revista Cousas De Nº20

Durante a visita, López enxalzou a relación entre a vila coa cultura, berce de escritores da talla de Valle-Inclán ou dos irmáns Camba, e tamén o dinamismo de entidades vinculadas a Vilanova como “Terra de Cardos”, que comeza a funcionar con esta exposición homónima que recolle a obra de 22 fotógrafos da contorna arousá que asinan máis de cen imaxes.

Luis López felicitou aos fotógrafos e á asociación cultural pola coidada selección das fotografías, “de forte carga emocional e artística que achegan unha fermosa mirada do mundo, de lugares de aquí, da provincia, de Galicia, coas nosas xentes, costumes e paisaxes, pero tamén doutras culturas e partes do planeta”.  Ademais, o presidente relacionou a visión de “Terra de Cardos” sobre a cultura coa que ten o goberno provincial: “Unha cultura de todos e para compartir con todos, accesible, aberta, multicultural, diversa, para construír sociedades máis libres e co poder de configurar un retrato do que somos como territorio, como colectivo e como provincia”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.