Esta mañá o salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación da XVII Edición do Cros Escolar do Val Miñor que se celebrará o vindeiro domingo día 17 de Xaneiro, a partir das 10:45 h. da mañá, no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, Baiona.
Máis de 900 escolares do Val Miñor así como de Vigo e da súa área metropolitana participarán na competición.
Esta edición trátase dunha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial. O cros está organizado pola Dirección Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona.
Na presentación estiveron presentes o Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, o xefe de servizos para o deporte da provincia de Pontevedra, Daniel Benavides, e a concelleira de deportes, Mª Jesús Martíns Passos.
“Esta proba é un referente para instaurar noutros lugares. A participación é altísima polo que agradezo á Concellería de Deportes de Baiona todo o seu traballo para que os nenos poidan gozar da proba deportiva”, declarou Benavides.
“Para Baiona é un pracer acoller unha nova edición do cros escolar na que participan tantos escolares. É importante que os máis pequenos practiquen deporte e esta proba é unha oportunidade magnífica para que entren en contacto con el”, sinalou Anxo Rodal Almuiña.
As distancias e percorridos a lograr polos atletas diferéncianse por categorías contando o Cros coas seguintes; Chupetes, PRE – Benjamines, Benjamines, Alevíns, Infantís e Cadetes tanto nas categorías masculinas como femininas.



