Vintecinco mozos desempregados de entre 16 e 35 anos comezaron está semana un curso de herboristería e herbas medicinais no Concello de Ribadumia.
A actividade está enmarcada no Programa Actívate da Pontevedra.
A actividade, organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está enmarcada no programa Actívate do entre provincial. Son accións formativas para a mocidade, que nesta edición se especializarán en “herboristería e herbas medicinais”. Desde o concello pretendese dotar os mozos de nocións básicas de cales son as herbas e plantas mais beneficiosas segundo o síntoma ou enfermidade.
A formación pretende xerar unha oportunidade de aprendizaxe e especialización para a xente máis moza de cara a orientación laboral cara o mundo da herboristería e mesmos ser unha opción de emprendemento.
O curso ten unha duración de 40 horas, das que 36 serán formativas do propio curso e 4 corresponderá a un taller de carácter obrigatorio sobre as habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de busca de emprego, elaboración do curriculum vitae, orientación laboral… Estase a realizar na Casa da Cultura de Ribadumia en horario de 09:30 a 13:00 ata o 23 de outubro.
Os cursos Actívate son accións formativas gratuítas para a mocidade de entre 16 e 35 anos, financiados pola Deputación de Pontevedra. O Concello de Ribadumia adscribiuse por quinto ano consecutivo a este programa, co fin de seguir ofrecendo formación gratuíta á mocidade do municipio, mellorar a súa especialización profesional e favorecer a inserción no mercado laboral, especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente. En Ribadumia xa se impartiron, a través deste programa, os cursos de técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes, Auxiliar de Gardería, de Caixeiro-Repoñedor e de Poda e Xardinería e tapas pinchos e canapés.



