spot_img
InicioBaixo MiñoRecepción en Tomiño ás nenas e nenos saharauis que pasan o verán...

Recepción en Tomiño ás nenas e nenos saharauis que pasan o verán nas comarcas do Baixo Miño e Val Miñor

recepcion-tomino-as-nenas-e-neno-saharauis-pasan-veran-nas-comarcas-do-baixo-mino-e-val-minorO Concello de Tomiño ofreceu, coma cada ano, unha recepción aos nenos e nenas saharauis que pasan o verán en Tomiño e noutros concellos das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor

Acompañados polo delegado de zona do SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), Henrique Porto, as familias de acollida, foron recibidas no Salón de Plenos do Concello, este mediodía, pola alcaldesa Sandra González, e outros concelleiros do equipo de goberno.

A rexedora tomiñesa deu a benvida a todos os nenos e nenas e agradeceu a xenerosidade das familias de acollida, reiterando a súa solidariedade co Pobo Saharaui.

Henrique Porto, pola súa banda, agradeceu sinceramente o apoio do Concello de Tomiño para poder continuar co programa, que cada verán, permite traer a algúns nenos e nenas a pasar a tempada estival na nosa terra.

Este ano as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor acollen en total 19 rapaces de entre 7 e 12 anos, que pasarán en Galicia dous meses, antes de volver aos campamentos.

Deles, so unha nena, reside este verán cunha familia tomiñesa. Chámase Dakuma, ten 10 anos e é a primeira vez que vén a Galicia. Gústalle moito a praia e a pizza.

Todos os rapaces e rapazas recibiron un pequeno agasallo das mans da alcaldesa e concelleiros.

 

 

- Publicidade -spot_img