spot_img
InicioGaliciaOuro para Portela, Rodríguez e Germade nos Xogos do Mediterráneo 2018

Ouro para Portela, Rodríguez e Germade nos Xogos do Mediterráneo 2018

OURO PARA PORTELA, RODRÍGUEZ E GERMADE NOS XOGOS DO MEDITERRANEO 2018O bo momento que atravesa o piragüismo español quedou plasmado unha vez máis é unha cita internacional. Esta mañá disputábanse as 5 finais de piragüismo nos Xogos do Mediterráneo de Tarragona 2018, nas que España conseguiu catro medallas de ouro.

A padeeira de ou morrazo Teresa Portela que vive os seus segundos Xogos do Mediterráneo competía nas dúas finais de K1 500 e 200 metros. Ás 10:00 da mañá, dábase a saída á final do medio quilómetro en que Teresa tívose que conformar cunha cuarta posición. Lonxe de vir abaixo, corenta minutos despois Portela subíase á súa piragua rosa para colgarse a medalla de ouro na final de 200 metros, unha proba na que se vió obrigada a remontar posicións despois dunha mala saída. Aos seus 36 anos a deportista de Cangas segue cultivando éxitos internacionais.

OURO PARA PORTELA, RODRÍGUEZ E GERMADE NOS XOGOS DO MEDITERRANEO 2018 Roi Rodríguez comezou a súa exhibición na xornada onte clasificándose con comodidade para a final de 500 metros. O de Tomiño nunha rápida regata, na que se mantivo na cabeza desde o inicio de carreira, tivo que lidar con portugués Fernando Pementa e acabou entrando en meta cunha marxe de 693 milésimas. A terceira posición foi para o francés Guillaume Burger.

OURO PARA PORTELA, RODRÍGUEZ E GERMADE NOS XOGOS DO MEDITERRANEO 2018Por outra banda, incontestable vitoria do K2 de Rodrigo Germade e Marcus Cooper na final de 500 metros. A superioridade da parella española quedou de manifesto no medio quilómetro de Castelldefells. Pasaron polos primeiros 250 metros con 204 milésimas de vantaxe sobre a embarcación de Francia. En liña de meta a vantaxe aumentou a 912 milésimas. Cooper e Germade marcaron un crono de 01:27.907, por 01:28.819 de Francia e 01:30.168 de Serbia.

A outra medalla de ouro española da xornada recaeu nas mans do zamorano Carlos Garrote que derrotou aos seus rivais de forma clara na final de K1 200 metros.

 

 

 

- Publicidade -spot_img