spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaDa man da Asociación River Bucks chega á Guarda o Festival “A...

Da man da Asociación River Bucks chega á Guarda o Festival “A Guarda Mar de Blues”

Da man da Asociación River Bucks chega á Guarda o Festival “A Guarda Mar de Blues”
Foto: Rafa Álvarez, Antonio Lomba, Montserrat Magallanes e Óscar martínez

Na vindeira fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de xullo a Praza do Reló da Guarda será o escenario para a primeira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, co cal A Guarda quere ampliar o seu interese turístico cultural, ofrecendo deste xeito á súa veciñanza e visitantes a oportunidade de ver en directo artistas e bandas de calado internacional dentro do panorama musical do xénero blues.

O pasado xoves 15 de xullo o evento presentouse ante os medios de prensa no Salón de Plenos, contando coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e o representante da Asociación River Bucks, Óscar Martínez.

“A Guarda Mar de Blues” nace a partir desa idea, a de facer da Guarda non só un lugar con atractivo turístico e gastronómico, senón tamén cultural, ao redor da música en directo.

“A Guarda Mar de Blues” terá lugar na Praza do Reló o pé da torre que formaba parte da antiga muralla medieval que foi reedificada en 1730. Un recuncho máxico onde o Blues, Soul,… farán resoar as súas ancestrais pedras e gozar os días 23 e 24 de Xullo.

Da man da Asociación River Bucks chega á Guarda o Festival “A Guarda Mar de Blues”
Marcos Coll tamén participou na presentación de maneira virtual

Nesta primeira edición será un grupo moi reducido de persoas as que poidan asistir ao evento debido á situación pandémica e que poderán desfrutar en directo de artistas internacionais como Marcos Coll & Javier Turner, The Peter Storm & The Blues Society e  Jay Doe & The Blues Preachers.

Na xornada do venres 23 de xullo ás 20:30 realizarase a apertura de portas e os asistentes poderán gozar a partires das 21:00h da música de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

Na xornada do sábado 24 de xullo realizarase unha masterclass ás 12:00h a cargo de Marcos Coll, que estará especialmente adicada aos máis cativos e na que poderán aprender a usar unha armónica. Xa pola noite o recinto de concertos abrirá ás 20:30h e a apartires das 21:00h os asistentes gozarán dos concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

O evento é totalmente gratuíto, organizado dende as concellerías de Cultura e Turismo do Concello da Guarda en colaboración con River Bucks Asociación Cultural , Cervezas Alhambra e Hohner Music.

As inscricións están abertas a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando os nomes e apelidos dos asistentes, ás actividades ás que desexen inscribirse e un número de teléfono de contacto.

Da man da Asociación River Bucks chega á Guarda o Festival “A Guarda Mar de Blues”

PROGRAMA

Venres 23

20:30h – Apertura de portas

21:00h – Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

Sábado 24

12:00h – Masterclass a cargo de Marcos Coll

20:30h – Apertura de portas

21:00h – Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

Video promocional: https://youtu.be/1B9TIvbCwZA

Sobre os artistas:

MARCOS COLL

Un dos maiores representantes do BLUES nacional e internacional, Fundador xunto a Adrián Costa dos míticos Los Reyes del KO. Músico que colabora con infinidade de bandas gravando discos ou subindo con elas o escenario. Un domador de armónicas e representante da marca Hohner Music, que tocou xunto a lendas do BLUES como: Buddy  Miles, Mick Taylor Buddy Guy, ChuckBerry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, TheAnimals o los Fabulous Thunderbirds.

JAVIER TURNES

Músico que leva mais de vinte anos nos escenarios, principalmente a fronte da Bakin Blues Band, banda  compostelana que tocou xunto agrandes nomes do blues, soul e rhythm’and’blues como: BarbaraLynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga. Tamén dirixe o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience” co cal o “A Guarda Mar De Blues” está irmanado.

JAY DOE & THE BLUES PREACHERS

Jay Doe é un veterán músico e estudioso do Blues que en 2018 tras anos de andanzas en solitario xúntase cos Blues Preachers, un compendio de experimentados músicos procedentes de bandas como: Dr. Hello, Cool Funeral, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas, Monk BluesBand… “Jay Doe & The Blues Preachers” é puro blues, o cal sempre aderezan cunha dose de Rythm and blues, country e jazz.

- Publicidade -spot_img