spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios...

A Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animais

A Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animaisO obxectivo da campaña é visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos

Esta campaña chama a concienciar á cidadanía que ten cans do problema de limpeza viaria que supón as mexadas destes animais, indicándolles que se deberían priorizar zonas verdes e reixas de drenaxe para que os cans fagan as súas necesidades nestes espazos.

Este mércores día 9 de setembro a partires das 11:00h a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, e a técnica de Medio Ambiente do Concello visitarán varias clínicas veterinarias e tendas de animais da localidade para informar sobre a campaña, repartindo flyers informativos a pé de rúa.

A Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais da Concellería de Medio Ambiente contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas de xeito gratuíto

Entre as accións que se van a levar a cabo destaca o reparto de botellas plegables, que se: fará en dúas sesións presenciais (respectando as medidas de distanciamento eos protocolos sanitarios polo COVID-19) nas que as persoas propietarias de cans recibirán de xeito gratuíto unha botella plegable e información sobre esta campaña aportando a cartilla de vacinación ou o pasaporte para animais de compañía.

O reparto do material terá lugar o martes 15 e xoves 17 de setembro ás 10:00h no Salón de Plenos na Casa do Alonso.

A campaña inclúe ademais a realización de flyers e carteis informativos para os propietarios de cans.

- Publicidade -spot_img