Inicio Pontevedra Regatas en Baiona. O Fifty álzase vencedor no XXIX Trofeo Príncipe de...

Regatas en Baiona. O Fifty álzase vencedor no XXIX Trofeo Príncipe de Asturias.

A embarcación do portugués Rui Ramada e grímpola do Monte Real Club de Iates conseguiu a vitoria na categoría dos grandes barcos

Se levou tamén o trofeo do II Circuíto Atlántico de Cruceiros, un premio que a tripulación recibiu de mans do Vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda

No resto de clases, os vencedores foron o Movistar, que fixo pleno de vitorias en todas as probas dos ORC 2,

Trofeo de Vela Príncipe de AsturiasO Fifty do portugués Rui Ramada e grímpola do Monte Real Club de Iates conseguiu a vitoria no XXIX Trofeo Príncipe de Asturias na categoría dos grandes barcos. Levouse tamén o premio do Segundo Circuíto Atlántico de Cruceiros, un galardón que a tripulación recibiu de mans do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

A última proba da competición, disputada este domingo, foi decisiva para deseñar os podios de boa parte das clases. A falta de vento volveu ser a protagonista da xornada, obrigando a atrasar o bucinazo de saída e a recortar algúns dos percorridos.

Na clase dos ORC 1 alzouse vencedor o Fifty de Rui Ramada, con grímpola do Monte Real Club de Iates. O segundo e terceiro posto foron para o Aceites Abril, de Luis Pérez Canal, que competiu polo RCN Vigo e para o Xekmatt de José Carlos Prista, da Asociación Naval de Lisboa.

O Movistar de Pedro Campos, que nesta ocasión patroneou Pablo Iglesias, gañou con claridade na clase dos ORC 2, deixándolle a prata ao Solventis, de Malalo Bermúdez (MRCYB), e o bronce á Fazula, de Fran Edreira (CN Sada).

O podio dos ORC 3 repartíronllelo entre La Rabuda Uno, de Fernando González (RCN Portosín), o GDiez de José Naya (CN Ferrol), e o Plano B de Nuno Ribes (CV Atlántico), que quedaron, en primeira, segunda e terceira posición respectivamente.

Na competición dos J80 en tempo real, o Real Club Naútico de Coruña foi o claro triunfador. Os seus barcos, que dominaron en practicamente todas as probas dos tres días, conseguiron finalmente dous dos postos de honra. O Biba de Miguel Fernández alzouse campión e o Marina Coruña de Pablo Martínez quedou en terceira posición. O segundo posto foi para o Mércores Moeda de Ero Pons, con grímpola do Monte Real Club de Iates de Bayona.

Na Ladies Cup fíxose coa vitoria o Serralleiras, con Sandra Azón de la Federación Catalana á cana. O segundo posto foi para o Tutatis, patroneado por María Campos, da Federación Galega.

Na clase ORC Especial impúxose o Deep Blue de Vicente Cid (RCN Vigo). O segundo posto foi para o Q Talento de Javier Rey (MRCYB), e o terceiro para o Enxuto de Pablo Conde (CY Acapulco).

E na categoría de clásicos, que onte non puideron disputar ningunha proba pola falta de vento, o ouro foi para o Belisa de José Manuel Cores (AGABACE) e a prata para o Jonathan de Jos Van Veen (Real Muiden NL).

O Monte Real Club de Iates de Bayona tamén entregou o premio do Segundo Circuíto Atlántico de Cruceiros, que recibiu a tripulación do Fifty de Rui Ramada de mans do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies