Inicio Pontevedra O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a adega Santiago Ruiz,...

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a adega Santiago Ruiz, no concello de Tomiño

A Xunta destaca a importancia da innovación tecnolóxica, a internacionalización e a competitivade das empresas galegas coma piares básicos do tecido económico

Rueda puido comprobar de primeira man o seu funcionamento e os investimentos levados a cabo na adega grazas ás axudas do goberno galego

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe que a innovación tecnolóxica, a internacionalización e a competitividade das empresas galegas son os tres piares básicos polos que o goberno galego segue apostando nun sector que está a xerar emprego e é un importante piar na dinamización da nosa economía

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a adega Santiago Ruiz, S.A, para coñecer de primeira man o seu funcionamento e os investimentos que ten realizado co apoio da Xunta de Galicia.

Tomiño-Adega-Santiago-Ruiz.jpg2

O vicepresidente destacou a enorme importancia do sector vinícola na nosa economía coma un dos maiores tesouros que temos, polo os investimentos que se están a facer neste sector repercuten positivamente en aumento de postos de traballo, riqueza e desenvolvemento na zona. Ademais de mellorar a competitividade e multiplicar os beneficios para as empresas vinícolas galegas.

Durante a visita, o vicepresidente incidiu que esta bodega, a D.O. Rías Baixas e o sector vitivinícola galego en xeral son un bo exemplo de aproveitamento da riqueza dos nosos recursos naturais e da modernización dun sector, o primario, no que Galicia debe ser punteira, polo que agora que se albisca a recuperación económica é fundamental seguir a apostar polos produtos do noso campo e o noso mar, unha das nosas vantaxes competitivas.

A Adega Santiago Ruiz aposta pola internacionalización, xa que a exportación supón arredor dun terzo das súas vendas, ademais de apostar tamén pola innovación e pola modernización tecnolóxica, con investimentos para mellorar a calidade do produto, o rendemento, a presentación no mercado, o uso de novas técnicas de elaboración e o incremento da capacidade dos depósitos, con máis de 500.000 euros de investimento a este fin, dos cales a Xunta aportou 100.000 euros.

Tomiño-Adega-Santiago-Ruiz

O goberno galego mantén a súa máxima de axudar ás empresas agroalimentarias galegas, e especificamente ao sector vitivinícola para a súa modernización e para abrir novos mercados mediante varias liñas que comprenden máis de 8 millóns de euros para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas para os vindeiros tres exercicios e 3,5 millóns no período 2015-2016 para a promoción do noso viño en mercados fóra da Unión Europea.

Así, a adega Santiago Ruiz grazas ás últimas achegas da Xunta poderán levar a cabo adquisicións para mellorar a calidade do produto elaborado, o rendemento, a presentación do produto no mercado, a utilización de novas técnicas de elaboración e o incremento da capacidade en depósitos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies