A partir do martes 2 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, abre de novo as súas portas ao público.
Debido á nova situación derivada da crise do Covid-19, e en cumprimento da normativa sanitaria vixente a día de hoxe para espazos públicos pechados, o museo preparou as seguintes indicacións e recomendacións que facilitarán o acceso e circulación de persoas no interior do museo, á vez que garanten a seguridade de visitantes e persoal.
HORARIO: Martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado os luns.
NORMAS DE ACCESO
Medidas sanitarias de seguridade e protección ante Covid-19
XERAL
- É obrigatorio o uso de tapabocas.
- Manteña a distancia mínima interpersoal de 2 metros.
- Utilice o xel desinfectante nas zonas habilitadas para tal fin.
- Os bolsos de man ou mochilas terán un tamaño máximo de 30×30 cm.
- Non está permitido entrar con alimentos ou bebidas.
SALAS E ESPAZOS DE TRÁNSITO DE VISITANTES
- Siga a sinalización para circulación no interior do edificio.
- Respecte a capacidade indicada para cada sala ou actividade, situadas en lugares visibles á entrada de cada espazo.
- Non toque as obras e elementos en exposición, así como as superficies de vitrinas, peañas e carteis.
- O uso do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, agás no caso de acompañantes de persoas dependentes.
BIBLIOTECA-CENTRO DE DOCUMENTACIÓN
- A Biblioteca-Centro de Documentación continúa aberta ás persoas usuarias, de xeito virtual.
- Presencialmente, só mediante cita previa para investigadores, ata novo aviso.
SERVIZOS
- O Restaurante-cafetería Miguel Oliveira está aberto no seu horario habitual.
- Os aseos están dispoñibles na planta baixa.
- No caso de aseos adaptados e zonas de lactación, por favor solicite a chave no despacho de billetes.
- O servizo de gardarroupa e cacifos individuais permanecerán pechados ata novo aviso.
- Está permitida a entrada de cans-guía.
INFORMACIÓN
- Consulte a información sobre as exposicións e actividades nos códigos QR accesibles en cada sala ou espazo de tránsito.
- Siga as indicacións do persoal do museo, dispoñible para calquera dúbida, consulta ou información complementaria.
O MARCO continúa aberto tamén na rede, con información puntual e actualizada sobre a nosa programación e actividades na web www.marcovigo.com



