spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Concello de Redondela entre os pioneiros do dominio.gal

O Concello de Redondela entre os pioneiros do dominio.gal

Redondela. PuntoGalO Concello de Redondela foi seleccionado pola Asociación PuntoGAL no seu Programa Pioneiros, no que asignou os primeiros 93 dominios .gal.A Asociación PuntoGAL presentou este martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros, nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran nesa selecciónforon as primeiras en poder activar unenderezoco .gal a partir do día 25 de xullo.

O número de solicitudes presentadas a este programasuperou amplamente as prazas dispoñíbeis, e os 93 pioneiros seleccionáronse segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao
lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estiveran representados. Entre as candidaturas recibidas seleccionáronse 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de
lucro. Todos os sectores da sociedade mostraron o seu compromiso para que Galicia teña un identificador de seu na Rede.

A xestión para adquirir o dominio para o Concello de Redondela foi desenvolvida polo Departamento de Novas Tecnoloxías, e a proposta partiu do Servizo de Normalización Lingüística, dependente daConcellaría de Cultura. O
obxectivo principal é facer visible a lingua galegaa través do enderezo da páxina web institucional http://www.redondela.gal/, un xeito moi significativo de situar o Concello de Redondela na rede e na súa visibilidade

- Publicidade -spot_img