Inicio Pontevedra O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar faise co podio no Trofeo...

O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar faise co podio no Trofeo Nacional Cidade de Ovied

O pasado sábado día 22 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar fíxose cos primeiros postos no XVI Trofeo Nacional Cidade de Oviedo nas categorías a competición: infantil, cadete e xuvenil.

O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar faise co podio no Trofeo Nacional Cidade de OviedoMaría Balboa foi a gañadora na categoría infantil e Iria Boullosa na cadete, ocupando o segundo lugar desta categoría Denis Alonso, patinadora tamén do CPA Gondomar. Na categoría xuvenil Miriam Pérez fíxose co segundo lugar, a tan só 30 centésimas da gañadora, e Alba Franco conquistou o terceiro posto.

Na competición celebrada na capital asturiana participaron os mellores patinadores a nivel nacional cunha exhibición a cargo de deportistas de renome como a mundialista Aida Bieitez.

A directiva do club celebra os resultados conseguidos e destaca a importancia deste evento xa que volve situar ao CPA Gondomar no máis alto do panorama nacional con tan só un ano de vida como club. Co fin de clausurar un ano de éxitos no que a unión e o esforzo establécense como valores indiscutibles do club, CPA Gondomar iniciará unha campaña de recollida de alimentos nas próximas semanas para as familias máis desfavorecidas de Gondomar.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies