spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Balneario da Cuncheira

O Balneario da Cuncheira

O Balneario da CuncheiraFronte ao mar embravecido, a iodada praia da Cuncheira de Baiona, onde “entre algas y flores, brotan los más puros y castos amores” converteuse a finais do século XIX no lugar idóneo no que erguer un balneario.

O verdadeiro visionario de negocio naquel extremo da vila, xa en xuño de 1892, foi o baionés Manuel González Durán, primeiro en solicitar permiso ante o Concello para a instalación dun quiosco octogonal de catorce metros de circunferencia co fin de vender refrescos e outras bebidas na “plazueleta que denominan Combés”. A Cuncheira comezaba a encherse de vida baixo lonas.

En agosto daquel ano, novamente ante a corporación, comparece o cirurxián Ignacio Cordero Alonso solicitando autorización para a instalación no areal dun “sistema adecuado de casetas y más para el buen servicio e higiene de los bañistas”. Na mesma sesión deuse conta doutra solicitude de Don Ángel Montes Gándara, veciño de Santa Cristina da Ramallosa, recollendo a súa petición dun terreo na Cuncheira no cal construír un balneario. Víase vir o éxito! En setembro, a corporación abstense e deixa en mans do alcalde Don José Pérez Velasco e do Axudante de Mariña, o seu parecer ao respecto. Concedeuse finalmente licenza en outubro de 1892 para…

A reportaxe completa de Anxo Rodríguez Lemos –Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela- está incluida no n´º17 da revista COUSAS DE Val Miñor

- Publicidade -spot_img