spot_img
InicioVal MiñorBaionaNava Castro: "A Festa da Arribada constitúe un evento esencial para o...

Nava Castro: “A Festa da Arribada constitúe un evento esencial para o desenvolvemento turístico de Galicia”

A directora de Turismo de Galicia e o alcalde de Baiona asinaron esta tarde un convenio de colaboración para a celebración da 522 edición da Festa da Arribada da Carabela Pinta

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a celebración da 522 edición da Festa da Arribada da Carabela Pinta, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2010

Nava Castro explicou durante o acto que Turismo de Galicia colaborará co concello de Baiona nos gastos de promoción da Festa da Arribada da Carabela 2015 por “constituír un evento esencial para o desenvolvemento turístico de Galicia”. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que a categoría e relevancia acadada por este festa fan que a súa celebración acade unha incidencia directa no que atinxe á divulgación da oferta turística galega vinculada aos seus extraordinarios recursos turísticos e ao impulso da mellora económica do sector.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que a Arribada da Carabela Pinta a Baiona é a única festa destas características que se celebra en Galicia polo que converteuse nunha referencia imprescindible e nunha cita ineludible no calendario de festas da comunidade autónoma galega. “Esta festa foise consolidando co paso dos anos e hoxe é un referente turístico que durante os seus días de celebración xunta a máis de 200.000 persoas de todas partes do mundo”, afirmou Nava Castro.

Tal e como indicou a responsable de Turismo na súa intervención, esta aposta de Turismo de Galicia pola promoción das festas de Interese Turístico está recollida no Plan Integral, dentro da segunda liña estratéxica relacionada coa oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos.

“Contamos cun plan de acción relativo á definición da estratexia de promoción das festas de interese turístico, dado que forman parte da nosa cultura e constitúen un recurso turístico con grande capacidade de atraer turistas e excursionistas ao longo de todo o ano”, explicou a directora de Turismo de Galicia.

Neste senso, Nava Castro sinalou que o obxectivo vai encamiñado a mellorar a planificación, organización e difusión das festas de Interese Turístico Internacional, Nacional, e de Galicia para acadar a máxima repercusión das mesmas, tendo en conta a conservación dos valores tradicionais e a aposta polos aspectos autóctonos dos eventos.

A Festa da Arribada da Carabela Pinta
A orixe histórica desta festa data do ano 1943, cando o un de marzo Martín Alonso Pizón arribou en Baiona e dende alí enviou a noticia do descubrimento de América aos Reis Católicos que se atopaban en Barcelona.

A tradición sinala que dende esa data celebráronse na vila multitude de actos conmemorativos do feito transcendental da arribada da carabela Pinta, o que fixo de Baiona o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do Descubrimento.

Durante os días de celebración da festa, o casco histórico da vila de Baiona, declarado “Conxunto de Interese Histórico Artístico”, transformase e volta ao medievo.

As actividades que se desenvolven na festa son numerosas e de diversa índole: publicacións, exposicións, seminarios, conferencias, congresos e concertos.

Ademais inclúe actos como ofrendas florais, concesión de medallas e distintivos a persoas e institucións destacadas así como toda clase de actuacións relativas ao mercado medieval, rematando coa escenificación teatral da Arribada da Carabela Pinta á praia.

Así mesmo, a Festa da Arribada convértese na ocasión perfecta para dar a coñecer o turismo náutico e deportivo de Galicia xa que durante a súa celebración organízanse diversas probas, entre as que destaca a Regata del Descubrimiento con más de 3.500 millas de recorrido y con una participación de más de 70 barcos de distintos países.

A directora de Turismo de Galicia e o alcalde de Baiona asinaron esta tarde un convenio de colaboración para a celebración da 522 edición da Festa da Arribada da Carabela Pinta

- Publicidade -spot_img