Inicio Pontevedra Louzán asina en FITUR un convenio coa fundación EOI, Turespaña e as...

Louzán asina en FITUR un convenio coa fundación EOI, Turespaña e as deputacións de Málaga e Toledo para un programa de fidelización de turistas de Alemaña, Reino Unido e Noruega

O Presidente da Deputación de Pontevedra presentou tamén un libro sobre praias e espazos naturais das Rías Baixas e unha guía das festas de interese turístico da provincia

Rafael Louzán, presentou hoxe en FITUR dous libros sobre espazos naturais e praias das Rías Baixas e sobre as festas de interese turístico que se celebran na provincia. Asinou tamén un convenio coa Fundación EOI, Turespaña e as deputacións de Málaga e Toledo para desenvolver, conxuntamente con empresas do sector, un programa de fidelización do turista dos mercados internacionais de Alemaña, Reino Unido e Noruega. Asistiu, así mesmo, á presentación de ATREGA, a primeira asociación de comerciantes por xunto de viaxes da historia de Galicia, que preside Fabián Soto, do Grupo Interrías, e que está formada por operadores turísticos da provincia de Pontevedra.

Os libros presentados versan sobre os espazos naturais e as 59 praias que, en apenas 70 quilómetros de costa das Rías Baixas, contan co distintivo de Bandeira Azul, e sobre as festas gastronómicas, etnográficas ou lúdicas, de interese turístico internacional, nacional o autonómico, que se celebran na provincia.

Na presentación Louzán destacou as sinais de identidade turística das Rías Baixas, lembrou un texto do xornalista José Luis Alvite, recentemente desaparecido, para subliñar a súa beleza, e dixo que o destino figura entre os dez primeiros nacionais de preferencias. “Somos, de largo, el principal foco del turismo de Galicia, con más de un millón de visitantes el año pasado y 2,5 millones de pernoctaciones, o, lo que es lo mismo, una de cada tres reservas que se formalizaron en nuestra Comunidad Autónoma”.

Na súa intervención asegurou que as Rías Baixas se sitúan á cabeza do ránking nacional en número de bandeiras azuis e de galardóns ambientais, ata o punto de que a súa costa ten o 10 % do total nacional destas distincións; e un dos seus concellos, Sanxenxo, é líder ininterrompido en España, desde fai 11 años, en número de bandeiras azuis.

A publicación recolle unha guía de festas de interese turístico da provincia que, polo seu carácter lúdico e de ocio, etnográfico e de valor cultural ou de exaltación da enogastronomía, mereceron o recoñecemento de interese internacional, nacional ou autonómico.

Fidelización e créditos

Louzán firma en FITUR un convenio con la fundación EOI, Turespaña y las diputaciones de Málaga y Toledo para un programa de fidelización de turistas de Alemania, Reino Unido y Noruega
Outra das actividades realizadas hoxe en FITUR polo presidente da Deputación foi asinar un convenio co presidente da Fundación EOI, Fernando Bayón; a directora xeral do Instituto de Turismo de España (Turespaña), Marta Blanco; e os presidentes das deputacións de Málaga e Toledo para desenvolver un programa de fidelización de turistas dos mercados internacionais de Alemaña, Reino Unido e Noruega.

No proxecto concretarase o modelo tecnolóxico, o de servizos e o xurídico do programa de fidelización do turista, que beneficiará tanto ás empresas participantes nel coma ó turista que elixe España como destino.

O proxecto definirá un sistema que lles xere créditos ós turistas que consuman bens e servizos de todas as empresas colaboradoras. Eses créditos poderanse conseguir tanto nos países de orixe coma no destino e só se poderán cambiar por bens e servizos en España. O proceso de obtención e redención dos créditos por bens e servizos será de fácil execución por parte dos turistas.

As accións deste programa insírense no programa RISC (Redes de Innovación ó Servizo da Competitividade) que desenvolve a Fundación EOI.

A súa finalidade é conseguir a mellora e retención de turistas internacionais, aumentar o número de visitas, incrementar o seu gasto medio, mellorar a imaxe e o posicionamento deses ámbitos fronte a países ou áreas competidoras, reducir a estacionalidade e mellorar a competitividade e innovación do tecido empresarial e das empresas beneficiarias deste programa.

Presentación de ATREGA

Louzán participou tamén nos actos de presentación de ATREGA, una asociación pioneira de comerciantes por xunto de viaxes de Galicia, a maioría deles da provincia de Pontevedra. Foi invitado por esta asociación por ser a Deputación de Pontevedra a primeira entidade que promoveu e apoiou a súa constitución.

Louzán destacou que ATREGA abarca o 98 % do mercado de operadores turísticos de Galicia, conta con máis de 1 millón de clientes operadores turísticos, factura máis de 150 millóns anuais, ocupa a 150 traballadores de forma directa e recibe turistas procedentes de 20 países emisores do mundo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies