spot_img
InicioGalicia'La Vuelta 2016' o pelotón percorrerá durante unha semana Galicia e as...

‘La Vuelta 2016’ o pelotón percorrerá durante unha semana Galicia e as súas espectaculares paisaxes

la-vuelta-2016-o-peloton-percorrera-durante-unha-semana-galicia-e-as-suas-espectaculares-paisaxes-2No Pazo de Congresos de Santiago de Compostela desveláronse esta maña todos os segredos da próxima edición da Volta.

Nunha gala que comezou ás 13:00 horas, a empresa organizadora  Unipublic anunciou como serán as 21 etapas que compoñerán a edición 71ª da carreira española, que comezará na provincia de Ourense o 20 de agosto e concluirá o 11 de setembro e contará con dúas etapas contrarreloxo, unha por equipos e unha individual, sete etapas chairas, e doce etapas de media e alta montaña. Serán 3277,3 quilómetros que pasarán polas provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Zamora, León, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Huesca, Teruel, Castelló, Valencia, Alacante e Madrid. Como novidade, a Volta 2016 terá un final de etapa no Col d´Aubisque, en Francia, unha das cimas míticas do Tour de Francia.

Tras a a saída da provincia termal de Ourense, o pelotón sucará durante unha semana Galicia e as súas espectaculares paisaxes, entre eles o Miradoiro de Ézaro onde se decidirá a chegada da terceira etapa, así como a Ribeira Sacra (etapa 6). A primeira semana de carreira ofrecerá un terreo propicio para os corredores máis explosivos e os rodadores natos que sacarán proveito do accidentado do terreo, sobre todo durante a terceira e a cuarta xornada, para destacar; pero tamén para os sprinters que terán ocasión de expresarse en varias etapas da competición.

Como quecemento previo á alta montaña, o pelotón terá que afrontar ao termo da oitava etapa, os muros e a calor que lles transmita o público da Camperona, por segunda vez na historia da Volta, antes de enfrontarse ao ascenso cara aos Lagos de Covadonga na décima etapa, coas espléndidas paisaxes asturianas como pano de fondo.

Tras catro etapas en altitude, que sen dúbida darán indicios sobre os posibles aspirantes á vitoria final, a Volta chegará ao País Vasco a principios de setembro. Bilbao acollerá unha meta e a saída da etapa máis longa desta edición 2016 (212,8 km na etapa 13).

A loita pola clasificación xeral intensificarase ao chegar á 14ª etapa, que se disputará de forma case integral en territorio francés, e que terminará tras o paso polos portos da Pierre Saint-Martin e de Marie-Blanque, para chegar a un dos portos pirenáicos máis míticos do Tour de Francia: o de l’Aubisque. Os corredores despediranse dos Pireneos o domingo 4 de setembro despois de enfrontarse ás temidas porcentaxes das ramplas que levan ao alto da estación de Formigal-Aramón (etapa 15).

A última semana de competición, decisiva para a clasificación xeral, brindaralle aos sprinters a oportunidade de lucirse nas costas de Peñíscola (etapa 16) ou Gandía (etapa 19), pero a loita pola camisola vermella decidirase despois de cinco intensos días de competición polas rutas da Comunidade Valenciana. Unha 17ª etapa inédita terminará no alto de Mais da Costa, tras 4 quilómetros de ascenso con ramplas superiores ao 21%, antes de que cheguen os 39 quilómetros da cromo entre Xàbia e Calp (etapa 19) e a chegada ao alto de Aitana, meta da penúltima etapa (a última das 10 chegadas no alto que presenta o programa da Volta 2016) que será a guinda dunha edición espectacular e moi montañosa. Será o momento no que os sobreviventes do pelotón cheguen a Madrid para celebrar a vitoria do sucesor de Fabio Aru, gañador da Volta en 2015

As 7 ETAPAS GALEGAS

Ourense termal. B. de Laias / P. N. Castrelo de Miño 

Primeira etapa da Volta 2016. Contrarreloxo por equipos de 29,4 quilómetros que servirá para situar a todos os corredores na clasificación. Etapa practicamente chaira sen ningunha dificultade aínda que dada a distancia para percorrer desde o primeiro día vanse a marcar algunhas diferenzas. O primeiro corredor do equipo gañador terá a honra de vestir a primeira camisola vermella de La Vuelta.

 

OURENSE

 

 

 

 

 

 

 

Ourense capital termal / Baiona

La Vuelta regresa á cidade de Ourense para tras 159 quilómetros acabar a primeira etapa en liña desta Volta 2016 na localidade de Baiona. A única dificultade montañosa será de 2ª categoría. As forzas aínda estarán intactas para que algún valente atrévase a tentar unha fuga. Previsiblemente a etapa poderíase decidir ao sprint.

OURENSE.jpg1

 

 

 

 

 

 

 

Marín / Dumbría. Mirador de Ézaro  

Despois do éxito da edición de 2012, onde foi final de etapa, volve ao percorrido de La Vuelta a sempre espectacular ascensión ao Miradoiro de Ézaro. Sen entrar en comparacións, quizá un dos sitios máis belos aos que chegou La Vuelta nos últimos anos. A dureza das súas ramplas deixaranos imaxes, igual que na chegada de 2012, que pasarán á historia da Volta. Serán 170 quilómetros que acabarán cun final que non deixará indiferente a ninguén e servirán para poder recuperar posibles diferenzas marcadas o primeiro día de carreira.

la-vuelta-2016-o-peloton-percorrera-durante-unha-semana-galicia-e-as-suas-espectaculares-paisaxes-2

 

 

 

 

 

 

 

Betanzos / San Andrés de Teixido

Outra chegada nun escenario espectacular. Nesta cuarta etapa La Vuelta acabará nun lugar inédito: San Andrés de Teixido. A etapa sairá de Betanzos para percorrer 161 quilómetros. O pelotón terá que superar tres portos, dous de 3ª categoría e un de 2ª. O final non é excesivamente duro, aínda que dificilmente chegará o pelotón ao completo. Non haberá diferenzas entre os favoritos para pelexar pola clasificación xeral.

Betanzos

 

 

 

 

 

 

 

Viveiro / Lugo

170 quilómetros de terreo rompepiernas practicamente desde o principio ata o final. A cidade de Lugo, que gozará de dous pasos, será testemuña do vencedor da quinta etapa de La Vuelta 2016. Previsiblemente a chegada será ao sprint co pelotón compacto. Oportunidade para que os velocistas busquen o triunfo. Os únicos dous portos da xornada non decidirán a etapa.

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

Monforte de Lemos / Luintra. Ribera Sacra

Etapa de 163 quilómetros. Na parte final o pelotón atopará dúas dificultades montañosas de 2ª categoría, que aínda que non marcarán diferenzas na xeral si poderían romper o grupo e evitar unha chegada masiva. A estrada é estreita nos últimos quilómetros. Estes transcorren enteiramente por beiras do río Sil por toda a Ribeira Sacra, no que será un dos descubrimentos paisaxísticos máis belos desta Vuelta 2016.

la-vuelta-2016-o-peloton-percorrera-durante-unha-semana-galicia-e-as-suas-espectaculares-paisaxes-2

 

 

 

 

 

 

 

Maceda / Puebla de Sanabria 

Acábase a primeira semana de La Vuelta e o pelotón sae de Galicia para chegar á provincia de Zamora. Percorrido sinuoso propicio para que os máis valentes tenten unha fuga que podería acabar dándolles o éxito en forma de vitoria de etapa. 158,3 quilómetros para acabar en Pobóaa de Sanabria. Xornada previa ao comezo da montaña leonesa-asturiana que tan bos resultados deportivos ofrece cada ano ao paso de La Vuelta.

la-vuelta-2016-o-peloton-percorrera-durante-unha-semana-galicia-e-as-suas-espectaculares-paisaxes-2

 

 

 

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.