Culturminho, I Foro da Cultura do Río Minho Transfronteirizo, pretende ser un lugar de encontro e debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio.
O río Minho transfronteirizo é hoxe un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo, querendo poñer en valor este potencial como un elemento de desenvolvemento socio-económico deste espazo común.
O Foro en Formato dixital
A situación actual de medidas de seguranza e distanciamento social de prevención frente á pandemia do COVID-19 danos a oportunidade innovar a execución desta iniciativa tal e como estaba concibida orixinariamente experimentando novas formas de relación e debate para a xestión da cultura a nivel municipal e a nivel profesional no noso territorio.
Durante catro días, as persoas convidadas intervirán desde o seu domicilio ou lugar de traballo. As entrevistas e os debates serán emitidas ao vivo por YouTube e ficarán online para poder ser visualizadas baixo demanda posteriormente.
PROGRAMA PROVISIONAL
Datas: 6 a 9 de outubro de 2020.
Medio: Canle AECT Rio Minho de YouTube. Retransmisión ao vivo e dispoñibilidade posterior nesta canle e desde a web mediante link.
Horario: Horario local en Galicia. 17h a 18.30h Horario local en Portugal 16h a 17.30h. (Por confirmar)
DÍA 6 DE OUTUBRO
Acto de apertura
Artes e música na área transfronteiriza do Río Miño.
Propoñemos unha seleccion forzosamente breve das actividades culturais profesionais realizadas nos concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño. Cada unha das experiencias disporá de 5 minutos para a súa exposición e logo abrirase un debate.
- Lego Fan Weekend. Paredes de Coura
- Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira
- Festival de Cans
- Entre Margens. Caminha – A Guarda
DÍA 7 DE OUTUBRO
Cooperación e cultura. Experiencias.
Escolma de casos de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza. Convidaremos os diferentes xestores e xestoras de cada beira do Miño para que falen dos procesos de cooperación transfronteiriza ata o momento, e como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente.
- Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença
- Ponte nas Ondas – Asociación Cultural e Pedagóxica transfronteiriza
- Folk Monção
- Simposio de Escultura. Cerveira-Tomiño
DÍA 8 DE OUTUBRO
Palabra e escena na área transfronteiriza do Río Miño.
As propostas foron seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño. Cada unha das experiencias disporá de 5 minutos para a súa exposición e logo abrirase un debate.
- As Comedias do Minho
- Museo do Cinema Melgaço, JeanLoupPassek
- Festival de Poesía do Condado. Salvaterra de Miño
- Play-Doc
DÍA 9 DE OUTUBRO
Financiación e formación.
Financiación
Panel para ofrecer alternativas de financiamento mediante a exposición de programas existentes financiados con fondos europeos
Formatos dixitais e RRSS para a cultura local.
Panel para mostrar experiencias culturais e estratexias dixitais para programadores e axentes locais.
As redes sociais na difusión cultural, recursos e exemplos para entidades locais.
Horario: 17h Mesa de financiación e 18h Mesa de formación (16h e 17h Hora local de Portugal).
Inscricións gratuitas:
smartminho.eu/inscricionforocultura
Información telefónica: 722 876 073 / 886 210 280
2.- Obxectivos
A pretensión de Culturminho é reunir dixitalmente a institucións, axentes e operadores/as culturais e reflexionar sobre as potencialidades da cultura común como elemento de valor do territorio transfronteirizo. Sinerxias e necesidades, posibilidades de colaboración, creación dun espazo de intervención común, públicos compartidos… facendo especial fincapé na nova situación social que condicionará o ocio e o consumo cultural e tratando de visualizar alternativas.
- Reunir dixitalmente axentes e actores da cultura transfronteiriza
- Valorizar as boas prácticas culturais en eventos e proxectos
- Facer un censo de operadores culturais profesionais no territorio da AECT Rio Minho, fomentando a interacción entre axentes.
- Poñer en marcha formatos dixitais na cultura profesional.
- Aumentar o número de público. Propoñemos un evento dixital e con retransmisión en streaming. O evento quedaría gravado e a disposición online.
- Dar a coñecer o territorio da AECT Río Miño a unha maior audiencia.
3.- Quen organiza?
Culturminho, 1º Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo está organizado pola Deputación de Pontevedra e mais o Agrapamento de Cooperación Territorial do Rio Miño (AECT-Rio Minho), no marco do proxecto Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronterizo (Smart Minho). Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER do Programa Operativo España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A,
4.- A quen vai dirixido?
O público destinatario desta acción serán as persoas intervintes na xeración de produtos culturais nos 26 municipios que forman parte do AECT do Rio Minho. Serán benvidos e benvidas tamén o resto de axentes profesionais de Galicia e Portugal con intereses nesta zona. Culturminho vai permitir coñercermos en profundidade o territorio e mais os e as axentes culturais profesionais que convidaremos a participar no Foro Cultura Transfronteiriza, a saber:
o Xestores/as culturais públicos
o Xestores/as culturais privados
o Concelleiros/as/Vereadores/as responsables de área cultural
o Persoas responsables de infraestruturas culturais
o Técnicos/as municipais con responsabilidades ou competencias na área cultural
o Promotores/as de eventos
o Produtoras de espectáculos
o Produtoras de contidos
o Editoras
o Centros de ensinanzas artísticas ou técnicas relacionadas
o Asociacións culturais relevantes
o Empresas de subministros
o Grupos de música
o Agrupacións teatrais profesionais
o Artistas plásticos/as
o Influencers na cultura dixital e nas RRSS
o Emprendedores/as dixitais e de comercio online relacionados coa cultura
o Profesionais da cultura en xeral



