Inicio Pontevedra Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo...

Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o VII Premio de Poesía Victoriano Taibogañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.
O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, deliberou este luns 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente o vindeiro venres cando o xurado emita o seu veredicto final.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies