Inicio Pontevedra O Salnés Cambados. O profesor “Taquiño” presentou Cantata a Cabanillas ante un auditorio ateigado.

Cambados. O profesor “Taquiño” presentou Cantata a Cabanillas ante un auditorio ateigado.

O profesor “Taquiño” presentou Cantata a Cabanillas ante un auditorio ateigado. O acto rematou co recital da pianista e soprano xaponesas.

O conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad, asistiu á presentación do libro Cantata a Cabanillas, traducido polo profesor da Universidade Tsudajuku de Tokyo, Takekazu Asaka, acto que se celebrou no auditorio da Xuventude ateigado de público. Vázquez Abad expresou a súa satisfacción por participar neste acto e agradeceu ó profesor Asaka o seu esforzo por espallar a cultural galega nun país tan lonxano como é Xapón. Neste acto tamén interviron, ademais do autor -quen desexa que lle chamen Taquiño-, o historiador especialista na obra de Cabanillas, Luis Rei, e o catedrático da Universidade de Santiago, o cambadés Francisco Fernández Rei.

O alcalde, Luis Aragunde, pronunciou unhas breves palabras de benvida, e entregou un busto de Cabanillas a Takekazu Asaka en agradecemento pola difusión e divulgación da cultura galega alén das nosas fronteiras. Pola súa banda, o profesor Asaka fixo entrega ó alcalde dunha caligrafía xaponesa do poema A ti meu Cambados como agasallo á entidade municipal.

O profesor “Taquiño” presentou Cantata a Cabanillas ante un auditorio ateigado
O profesor “Taquiño” presentou Cantata a Cabanillas ante un auditorio ateigado

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies