spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA exposición “Un mar de emocións” abre as súas portas ao público...

A exposición “Un mar de emocións” abre as súas portas ao público no Centro Cultural da Guarda

exposicion-un-mar-de-emocions-abre-as-suas-portas-ao-publico-no-centro-cultural-de-a-guarda

O mar e a súa xente son unha das señas de identidade de Galicia como país, un símbolo de unión dos galegos e galegas, alá onde se atopen.

Esta importancia do mar e a sensibilidade especial que este desperta poden apreciarse na exposición “Un mar de emocións” do Grupo On que se ven de abrir ó público este pasado martes día 2 de agosto no Centro Cultural da Guarda.

Trátase dunha iniciativa que xurdiu das redes sociais. En concreto, dun grupo de Facebook no que fotógrafos con afinidades semellantes compartían a súa obra. Certo día decidiron materializar ese traballo que compartían nestas plataformas sociais e plasmalo nunha exposición. En primeiro lugar a mostra estivo na Coruña, onde tivo un gran éxito e gustou tanto que decidiron traela tamén á Guarda, ampliando o número de fotos que acolle a mostra, especialmente da costa local.

A exposición recolle fotografías e vídeos da costa galega realizados por 19 autores que reflexan a impresionante beleza e forza do noso mar. O obxectivo é que a xente poida desfrutar do que hai na costa e apreciar o que temos á beira da casa un pouco máis. No caso dos 4 vídeos de José Carlos Castro Martínez que se reproducen na exposición, a idea é permitir ver aquelo que vai moi rápido a cámara lenta para así aprecialo mellor, e acelerar o mundo invisible do fondo do mar que a simple vista parece inmóbil e sen vida.

A exposición poderá ser visitada ata o sábado 20 de agosto. O horario de luns a sábado é de 10,30 a 14 horas e de 19 a 22h pola tarde. Os domingos está aberto de 19 a 22 horas. Tanto dende o Grupo On como dende o Concello da Guarda, que colabora con esta exposición, anímase a todos os guardeses, guardesas e visitantes a aproveitar estes vindeiros días de tempo libre para ollar estas impresionantes e sobrecolledoras obras no Centro Cultural da Guarda.

- Publicidade -spot_img