Inicio Pontevedra A Consellería de Traballo e Benestar vén de incrementar en 6 millóns...

A Consellería de Traballo e Benestar vén de incrementar en 6 millóns de euros en toda Galicia o orzamento de 2015 para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependente

O Goberno galego aumenta o número de horas ao mes en máis de 409 o que permitirá atender a máis de 60 persoas na capital da provincia

Na provincia de Pontevedra o incremento de horas, dun 20,1 por cento, terá lugar na práctica totalidade das localidades que a conforman

A previsión da Consellería de Traballo e Benestar é que este verán se alcance a execución total das horas, é dicir, que estean asignadas a algún beneficiario

A Consellería de Traballo e Benestar vén de incrementar en 6 millóns de euros en toda Galicia o orzamento de 2015 para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes, ata chegar aos 46,3 millóns. Esta actuación enmárcase na aposta do Goberno galego polos servizos profesionais de proximidade no domicilio.

Polo tanto, o SAF experimenta un importante pulo no ano 2015 en toda Galicia, o que permitirá atender a uns 2.000 demandantes novos, o que requirirá a atención duns 700 traballadores. Este aumento beneficiará tamén a capital da provincia de Pontevedra que verá incrementada as horas de SAF nun 14,6 por cento, é dicir, en máis de 409 horas ao mes. Esta actuación permitirá atender a 60 persoas na cidade do Lérez.

A aposta do departamento autonómico por este tipo de servizos para as persoas dependentes é clara e decidida e, por iso, desde 2009 leva incrementando a prestación do SAF en toda Galicia.

O Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes é o recurso máis demandado pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda, así como polas súas familias coidadoras. Por iso, o Goberno galego no só leva a aumentar o financiamento deste recurso, senón que desenvolveu diversas melloras na xestión da asignación do servizo a través da posta en marcha do módulo extranet aos concellos e do Programa de Asignación de Recursos. O aumento no orzamento e na tramitación destas prestacións permitiu o incremento do número de persoas beneficiarias, xunto coa axilidade na asignación do servizo.

Na provincia de Pontevedra, o incremento de horas, dun 20,1por cento, suporá máis de 14.631 horas ao mes, o que permitirá dar entrada a preto de 480 novos usuarios que sumarán a 2.352 persoas que se benefician actualmente deste servizo.

En toda Galicia, nove de cada dez concellos verán incrementadas as horas deste recurso asignadas ao longo deste ano.

Co incremento anunciado, poranse a disposición dos concellos este ano un total de 409.292 horas mensuais destinadas ao SAF dependencia fronte ás 338.154 h/mes asignadas actualmente.

O reparto de horas entre os concellos terá efectos inmediatos. A previsión da Consellería é que este verán se alcance a execución total das horas, é dicir, que estean asignadas a algún beneficiario.

O número de beneficiarios na comarca de Arousa creceu un 18%

Este aumento beneficiará tamén aos concellos que conforman a comarca do Salnés que verá incrementadas as horas de SAF nun 18 por cento, é dicir, en 1.800 horas ao mes, ata alcanzar as case 11.800 horas.

Esta actuación permitirá atender a 260 persoas con dependencia nas localidades de Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cambados, Meaño, O Grove, Vilanova de Arousa, Ribadumia, A Illa e Meis.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies