spot_img
InicioGaliciaCompostelaBeatriz Mato clausurou en Santiago a xornada de parálise cerebral organizada por...

Beatriz Mato clausurou en Santiago a xornada de parálise cerebral organizada por Aspace

conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou onte en Santiago a xornada de parálise cerebral organizada por Aspace e recolleu en nome da Xunta o premio ‘Ipsen Pharma para unha institución pública’A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reiterou onte o reforzo da Xunta na súa aposta integral na atención ás persoas con parálise cerebral e ás súas familias na clausura en Santiago dunha xornada centrada neste eido organizada pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace). Na xornada, celebrada con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, Mato tamén recolleu en nome da Xunta o premio ‘Ipsen Pharma para unha institución pública” en recoñecemento da asociación ao labor que o Goberno galego realiza neste ámbito.

A titular de Benestar destacou “a colaboración permanente e o diálogo aberto” que a Xunta mantén coas entidades deste sector destacando que é “un eixo fundamental na folla de ruta da Consellería en materia social”. Neste senso, Mato lembrou que o departamento autonómico que dirixe mantén diversas liñas de colaboración con Aspace Galicia para o que ten destinado 16 millóns de euros desde 2009 en concerto de prazas, convenios e orientación laboral.

Así mesmo, Mato fixo fincapé na importancia de seguir incrementando os servizos públicos de calidade e, neste eido, sinalou que antes de que remate este ano poranse en marcha 140 novas prazas públicas de atención diúrna para a discapacidade. Deste xeito, a finais de 2014, o Goberno galego terá creado 850 prazas para persoas con discapacidade, un 20 por cento máis das que había en 2009. En total, haberá unha oferta pública de 5.000 prazas públicas para este colectivo en Galicia para o que a Xunta destina 50 millóns de euros ao ano no seu mantemento.

Con respecto á mellora dos servizos, Mato fixo fincapé na importancia de garantir unha atención de calidade para o que a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou onte en Santiago a xornada de parálise cerebral organizada por Aspace e recolleu en nome da Xunta o premio ‘Ipsen Pharma para unha institución pública’Xunta puxo en marcha o modelo de carteira de servizos. Xa se aprobou a da dependencia e seguiranlle as de familia e infancia, persoas con autonomía e inclusión. “A carteira da dependencia inclúe servizos específicos para cada tipoloxía de discapacidade e tamén específicos para as persoas con parálise cerebral”, apuntou Mato, quen aproveitou para agradecer ás entidades sociais a capacidade de adaptación que están a demostrar a este novo modelo.

Atención temperá
Outro dos avances acadados na mellora da atención da discapacidade é a aprobación do Decreto de Atención Temperá en decembro de o ano pasado, segundo resaltou a titular de Benestar. Lembrou que o Goberno galego creou por primeira vez en Galicia unha rede de atención temperá que está dirixida a prestar unha atención integral aos menores e as súas familias; avanzar na súa autonomía e calidade de vida; e fomentar a prevención da dependencia.

Por último, a conselleira referiuse á inserción sociolaboral das persoas con discapacidade para o que a Xunta está destinando a diversos programas 17,4 millóns de euros, un 8 por cento máis que o ano pasado.

- Publicidade -spot_img