spot_img
InicioVal MiñorBaiona"Os Sons do Vento que Pasa" chega a Baiona dentro do programa...

“Os Sons do Vento que Pasa” chega a Baiona dentro do programa que organiza a Xunta

FALA REDES12O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade Os Sons do Vento que Pasa, que en xuño comezou a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

A iniciativa de fomento do galego inclúe este ano 150 sesións lúdicas a través dun total de cinco actividades que buscan promover o uso e a valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

Desde que botou a andar en marzo, a terceira edición do FalaRedes xa puxo en marcha tres propostas dirixidas ao público infantil e familiar -o concerto Toc Toc, a obra de teatro As fabas máxicas e o concurso Os Bolechas e o Sabichón. Agora, con Os Sons do Vento que Pasa presenta un concerto de fados en galego para público de todas as idades, boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia.

As cantigas deste espectáculo, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, conservan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen deixar nunca de ser fado.

Con esta cuarta proposta do FalaRedes 2014 o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado concerto no que Gonçalo Guerreiro porá a voz e que Dani Pais enriquecerá coa súa participación dixital e musical.
Os sons do vento que pasa chegará entre xuño e decembro a 36 vilas pertencentes á RDL. Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas.
Toda a información sobre FalaRedes 2014 estará dispoñible no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/

- Publicidade -spot_img