spot_img
InicioVal MiñorBaiona50.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona durante este...

50.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona durante este verán

Esta cifra extráese dos datos recompilados na Oficina de Turismo de Baiona nos meses de xuño, xullo e agosto (até esta data).

O 75% destes turistas son de procedencia nacional, sendo Madrid, Castela León e a propia Galicia, as principais comunidades autónomas emisoras de turismo a Baiona. Destaca tamén a subida de visitantes, no mes de agosto, procedentes do País Vasco, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Estas dúas últimas comunidades rexistran un gran aumento en comparación con anos anteriores.

Os visitantes internacionais procedían de 62 países diferentes pero, sobre todo, de Portugal, Reino Unido e Francia. Ademais detéctase unha importante subida de turismo procedente de Estados Unidos, Canadá e Arxentina.

Analizando os datos mensuais, comparados co mesmo período do ano 2013, prodúcese un aumento nas visitas no todos o mes.

Aumenta tamén o número de residentes en Baiona que realizan consultas na oficina de turismo nesta época do ano, sobre todo, para solicitar información sobre actividades, program

Visitas Giadas

ación cultural, visitas guiadas,etc.

Con respecto ao número de persoas diarias que realizaron algunha consulta no punto de información, os días de máis afluencia rexistráronse no mes de agosto, con 1.218 persoas o día 12 e 1.012 persoas o día 5 .

Doutra banda, se analizamos a chegada de peregrinos, rexístrase unha subida de case o dobre de persoas, con respecto ao mesmo período do ano pasado.

A ocupación hostaleira do verán rolda o 80 %, segundo datos achegados polos establecementos, sendo agosto o mes de maior afluencia, cun 95%.

Ademais, durante os dous meses de verán, máis de 600 persoas participaron nas visitas guiadas, organizadas pola Concellaría de Turismo.

 

- Publicidade -spot_img