Arquivos diarios: 9 Febreiro, 2019

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway”

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do...

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores...
CARMELA SILVA CELEBRA A NOMINACIÓN AOS PREMIOS MESTRE MATEO DO DOCUMENTAL “SORRISOS TRANSFORMADORES” COMO MELLOR SERIE WEB A presidenta provincial agradeceu o traballo de “Islandia Producciones”, da Asociación Arelas, e da dirección de Noemí Chantada e Oscar Pardo. Financiada pola Deputación, a curta está formada por oito pezas soporte en vídeo da exposición fotográfica “Estamos encantadas e encantados de ser finalistas pero o mellor premio é darlle visibilidade ás persoas trans, coas que temos un enorme compromiso”, indicou Silva A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, celebrou hoxe que o documental “Sorrisos transformadores”, financiado pola institución provincial, sexa finalista na categoría “Mellor serie web” dos XVII Premios Mestre Mateo, os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. “Estamos encantadas e encantados de ser finalistas e, consigamos ou non o galardón, temos o mellor premio: darlle visibilidade ás persoas trans e coas que, dende a Deputación, temos un enorme compromiso”, asegurou Silva. O documental, que está composto por oito pezas curtas, foi deseñado como o soporte de vídeo á exposición fotográfica “Sorrisos transformadores” que, impulsada Deputación, busca darlle visibilidade ás persoas transexuais. A peza, producida por Islandia Producciones, dirixida por Óscar Pardo e Noemí Chantada, e impulsada polo colectivo ARELAS, ten unha duración de 21 minutos. Nela, recóllense as testemuñas e as realidades de persoas transexuais, así como de distintos profesionais. Por exemplo, na curta interveñen a presidenta de Arelas, Cristina Palacios; a sexóloga Susana Alonso; a decana na USC, Carmen Fernández; o xurista Miguel Vieito; diferentes mozos e mozas trans, así como os seus familiares. O obxectivo desta peza é o de mostrar a transexualidade como unha expresión máis da diversidade sexual. Tamén cabe salientar que na mesma categoría da que é finalista “Sorrisos transformadores” están outras pezas como “As cousas do Choio”, “Hai vida en Bran?” e “Dinosaurio. La Serie”. Será o próximo 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña cando se dará a coñecer a curta gañadora nunha gala conducida pola actriz Sonia Méndez. “Sorrisos transformadores” é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que naceu con motivo da celebración do día do orgullo LGTBI de 2016. O obxectivo era poñer en marcha unha campaña de sensibilización dirixida á sociedade para a prevención de comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero. Froito disto, naceu a exposición fotográfica do mesmo nome que quere informar á cidadanía da realidade do colectivo trans, así como axudar a previr as actitudes discriminatorias. Esta mostra itinerante está a percorrer distintos concellos da provincia de Pontevedra e chegou, incluso, a Betanzos e á Universidade de Santiago de Compostela.

Carmela Silva celebra a nominación aos Premios Mestre Mateo do documental “Sorrisos transformadores” como...

A presidenta provincial agradeceu o traballo de “Islandia Producciones”, da Asociación Arelas, e da dirección de Noemí...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies