Arquivo mensual:: noviembre 2018

Carmela Silva cualifica de histórico o investimento feito pola Deputación en 3 anos nos concellos do Val Miñor

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe nunha comparecencia no hotel Bahía de Baiona que a institución provincial investiu nos tres anos do actual Goberno provincial case 19,4 millóns de euros (19.375.438,61 €) nos concellos do Val Miñor, Baiona, Gondomar e Nigrán. “É o maior investimento da historia da Deputación […]
Ler máis

Baiona persegue a pegada do plástico

Baiona acolle o vindeiro sábado 17 de novembro o “I Taller de sensibilización ambiental sobre o impacto do plástico no medio mariño. Tras a pegada do plástico”, unha iniciativa impulsada polo Monte Real Club de Yates en colaboración coa Universidade de Vigo e o concello de Baiona, na que tamén están implicadas empresas como ABANCA […]
Ler máis

As microalgas fósiles desvelan os cambios ambientais acontecidos na ría de Vigo durante os dous últimos séculos

As microalgas fósiles desvelan os cambios ambientais acontecidos na ría de Vigo durante os dous últimos séculos. Detectáronse alteracións na produtividade do fitoplancto por mor do cambio climático ou as bateas Para comprender como responden os seres vivos ante cambios ambientais é preciso coñecer ben cal é a resposta natural dos ecosistemas ante eses cambios […]
Ler máis

O Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas cunha cata a cegas amateur no Día Internacional do Enoturismo

O Castelo de Soutomaior enxalza o potencial turístico dos viños Rías Baixas cunha cata a cegas amateur no Día Internacional do Enoturismo A presidenta de Deputación, Carmela Silva, xunto co presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil, e o deputado de Turismo, Santos Héctor, participou esta mañá na cata a cegas amateur no […]
Ler máis

A Xunta visita proxectos de desenvolvemento postos en marcha grazas á cooperación galega en Perú

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, está a visitar en Perú distintos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que se puxeron en marcha grazas á Cooperación Galega. Entre outros, desprazouse a visitar varias iniciativas situadas na zona de Cuzco e centradas no sector agropecuario. Os proxectos, impulsados pola Fundación Taller de Solidaridad en agrupación con Entreculturas […]
Ler máis

O Castelo de Soutomaior entra a formar parte do ‘Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España’

A Deputación  de Pontevedra converte así ao castelo de Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde e o sitúa na oferta de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte O goberno de Carmela Silva vén de coñecer a resolución positiva do “Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de […]
Ler máis

‘Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales’ publica un artigo sobre o Catálogo de Árbores Senlleiras de Tomiño

A revista ‘Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales’ publica un artigo sobre o Catálogo de Árbores Senlleiras de Tomiño  A elaboración do Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño, vén de ser obxecto dun artigo recentemente publicado na revista científica da Sociedad Española de Ciencias Forestales, no marco dun número que recolle […]
Ler máis

O Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira reúne en Santiago especialistas galegos e portugueses

O Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira reúne en Santiago especialistas galegos e portugueses O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte na presentación do Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración da Universidade do Minho (Portugal) e da Comunidade […]
Ler máis

A Agrupación Musical de Goián consegue dous premios no XII Certame Galego de Bandas de Música

A Agrupación Musical de Goián consegue no XII Certame Galego de Bandas de Música o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega e un 3º premio A participación nun certame de bandas sempre é un reto importante para calquera agrupación. A súa preparación comeza meses antes e intensifícase nas semanas previas: ducias de ensaios […]
Ler máis

900 anos do Sínodo galego de San Bartolomeu

O aniversario do Concilio celebrado en San Bartolomeu no ano 1118 representa unha ocasión extraordinaria para amosar a riqueza histórica e artística de Tui, coa sede episcopal instalada no mosteiro de San Bartolomeu desde o século XI. San Bartolomeu xunto con San Martiño de Mondoñedo son os primeiros exemplos do románico en Galicia, mentres que […]
Ler máis

O Pazo de Pías: 13.000 metros cadrados de paz no corazón da Ramallosa

No barrio nigranés da Cabreira na Ramallosa, atopámonos cun enclave arquitectónico cargado de historia e liñaxe. Trátase do Pazo de Pías, que actualmente funciona como albergue, hospedaría, lugar de recollemento e no que até fai escasos tres anos amparaba a orde das Damas Apostólicas. Na actualidade continua pertencendo ao Instituto Relixioso Apostólicas do Corazón de […]
Ler máis

Aldeas Infantiles SOS educará en igualdade a 13.800 alumnos galegos

Aldeas Infantiles SOS, organización de atención directa á infancia vulnerable pon en marcha a vixésimo primeira edición dos seus programas de Educación en Valores, que chegarán durante o presente curso a 13.800 escolares galegos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Co obxectivo de fomentar a igualdade na escola e de facer reflexionar aos máis novos […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies