Arquivos diarios: 1 Febreiro, 2016

Do 25 ao 27 de abril Sanxenxo concentrará a destacados científicos procedentes de diferentes universidades para analizar os avances que se produciron dentro do ámbito da neurociencia nos últimos anos e a revolución que estes descubrimentos supuxeron a nivel clínio, de investigación e social. Na proposta de Sanxenxo como sede deste evento tivo moito que ver Roberto Carlos Agís, concelleiro de Cultura e integrante da SENC, que ademais se puxo a disposición da organización para colaborar na oferta de lecer deseñada para completar o programa e que está aínda pendente de concretar coa opción de elixir entre unha ruta de sendeirismo polo termo municipal, unha ruta guiada en catamarán pola Ría de Pontevedra, unha excursión á illa de Ons ou unha visita guiada a Combarro e Pontevedra. Investigadores das Universidades da Coruña e de Vigo, así como do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo son os promotores de que Sanxenxo fose seleccionada pola SENC para a celebración dun evento que durante tres días permitirá aos profesionais da neurociencia poñer en común os avances das súas investigacións. O evento está exposto en dous ámbitos diferentes. Por unha banda os relatores, científicos provenientes de centros tan diversos como Oxford ou Lausanne, ofrecerán dúas conferencias plenarias por día e durante as ceas investigadores senior mesturaranse con outros máis novos e cada mesa terá o seu tema de discusión. Ao final da mesma aquelas mesas seleccionadas han de expoñer en 5 minutos as conclusións máis relevantes da discusión. O idioma elixido para o desenvolvemento deste programa de traballo é o inglés. Pero paralelamente ao programa profesional, o evento inclúe actividades que buscan abrir a ciencia á sociedade e por iso programaron un café teatro científico sobre neurociencia nunha cafetería aínda por determinar. Esta actividade sería realizada por membros do NEUROcom, o día antes do inicio das xornadas e serviría de presentación das mesmas en Sanxenxo. Ademais, prevén a visita a un colexio, cunha charla dirixida aos estudantes e por último unha conferencia divulgativa aberta ao público que posiblemente se realice o último día e que será impartida por un dos relatores invitados. Estas actividades serán realizadas en castelán.Os interesados en coñecer máis detalles sobre o contido deste evento poden facelo a través da ligazón .

Sanxenxo foi elixida pola Sociedade Española de Neurociencia para a celebración da IX Cajal...

Do 25 ao 27 de abril Sanxenxo concentrará a destacados científicos procedentes de diferentes universidades para analizar os avances que se produciron dentro do...
A Deputación agarda bater récords de participación na última carreira do Tour Running Rías Baixas, que se disputará en Cangas

A Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM) de Cangas presenta ‘Doce pasos...

A Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM) traballan a prol das persoas diagnosticadas e as súas familias desempeñando a atención nas distintas etapas da...
a-deputacion-de-pontevedra-inicia-as-escavacions-no-castro-de-alobre-en-vilagarcia-de-arousa

A Deputación de Pontevedra inicia as escavacións no Castro de Alobre en Vilagarcía de...

O vindeiro 1 de febreiro comeza a intervención arqueolóxica no Castro de Alobre de Vilagarcía de Arousa,enmarcada no protocolo asinado entre a Deputación de...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies