spot_img
InicioVal MiñorGondomarXV Campeonato Autonómico de Patinaxe de Grupos Show

XV Campeonato Autonómico de Patinaxe de Grupos Show

O CPA Gondomar en Grupos Pequeños y Club CARPA-Viqueira en Grupos Grandes, logran os primeiros postos no XV Campeonato Autonómico de Patinaxe de Grupos Show

Organizado polo CPA Gondomar e a Federación Galega de Patinaxe, este sábado, 30 de xaneiro, disputouse  en Vigo a 15ª edición do Campionato Autonómico de Grupos Show para Grupos Grandes e Pequenos.

Este ano se facía en solitario pois o de Cuartetos e Xuvenil realizarase o fin de semana do 13 e 14 de febreiro en Santiago de Compostela. Organizado polo CPA Gondomar e a Federación Galega de Patinaxe, o evento repetía escenario con respecto á pasada edición, desenvolvéndose durante unha única xornada con adestramentos pola mañá para, xa pola tarde, pasar á competición propiamente dita os oito grupos participantes na categoría de pequenos e os seis que competían na de grandes.

Todo dentro un magnífico ambiente no pavillón do IMD (As Travesas) con 3000 persoas nas bancadas, que contou coa presenza dos alcaldes de Vigo, Abel Caballero, e de Gondomar, Paco Ferreira, ademais da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e os concelleiros de deportes dos respectivos municipios representados, Manuel Fernández (Vigo) e Nuria Lameiro (Gondomar).

Tras o acto de apertura por parte de Luisa Vázquez, secretaria do club organizador, procedeuse ao desfile e presentación de todos os clubs, comezando a competición polos Grupos Pequenos, entre os que o CPA Gondomar adxudicábase a primeira praza, confirmando así a súa condición de favorito representando a coreografía ‘Mi realidad’. O podio completábano os debutantes do CD Ourela, con ‘Irreversible’ e Campus Stellae, coa súa actuación denominada ‘R’.

No que respecta a Grupos Grandes tampouco houbo sorpresas, pois o Club CARPA-Viqueira lograba a primeira posición con ‘Náufragos en terra’, mentres que o Club Ríbex clasificábase en segundo lugar con ‘Hasta París’ e o Club Ánfora era terceiro con ‘Shadi’.

xv-campeonato-autonomico-de-patinaxe-de-grupos-show

 

CLASIFICACIÓN FINAL GRUPOS PEQUEÑOS

1º CPA Gondomar “Mi realidad” 89,90 puntos

2º CD Ourela “Irreversible” 81,30 puntos

3º Club Campus Stellae “R” 75,50 puntos

4º CD Fontiñas “Esclavos modernos” 74,20 puntos

5º Patín Axel Arteixo “Pasen y vean !!!!!!” 63,80 puntos

6º CP Alquimia “The clue” 63,70 puntos

7º Ribeira “Encuentra tu camino” 61,70 puntos

8º Coruxo FC “Tribus urbanas” 52,40 puntos

 

CLASIFICACIÓN FINAL GRUPOS GRANDES

1º Club CARPA-Viqueira “Náufragos en terra” 82,30 puntos

2º Club Ríbex “Hasta París” 78,50 puntos

3º Club Ánfora “Shadi” 75,10 puntos

4º CPA Valladares “Aurum” 70,10 puntos

5º Patín Porriño “Ríe” 69,10 puntos

6º CD Fontiñas “Héroes cotidianos” 64,60 puntos

- Publicidade -spot_img