A Xunta garante o seu apoio para a celebración do “I Concurso de Rondallas no recinto feiral de Vigo” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo

xunta-garante-seu-apoio-celebracion-do-i-concurso-rondallas-no-recinto-feiral-vigo-organiza-federacion-rondallas-da-area-metropolitana-vigoO Goberno galego garante o seu apoio estratéxico e plurianual para a celebración do “I Concurso de Rondallas no recinto feiral de Vigo”, que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.

Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cuxo departamento financiará con 90.000 euros ata o ano 2020 a celebración deste evento e, por tanto, a súa continuidade no tempo.

Nun acto no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Federación de Rondallas, Roberto Giráldez; e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Román Rodríguez subliñou a importancia desta manifestación musical popular, tanto para a cidade de Vigo como para o conxunto de Galicia, polo que se comprometeu a organizar un evento similar na Cidade da Cultura de Galicia.

En palabras do conselleiro de Cultura, as rondallas “forman parte dunha tradición moi valiosa, e dan acubillo ás inquedanzas musicais de moitas persoas, especialmente na comarca de Vigo”. De aí que a Xunta de Galicia -a través desta consellería- comprometa o seu apoio firme a este certame que o próximo 28 de xaneiro congregará unha ducia de rondallas procedentes de Vigo, Mos, Gondomar, O Porriño e Nigrán, no recinto feiral de Vigo.

Na súa intervención, Román Rodríguez fixo un chamamento aos cidadáns a asistir a este evento que contribuirá manter viva unha tradición popular moi importante na comarca. Finalmente amosou o seu agradecemento a todos os que fan posible o certame, desde os seus organizadores ata cada un dos integrantes destas agrupacións musicais.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies