spot_img
InicioVal MiñorBaionaXunta e alcaldes da área metropolitana de Vigo a un paso de...

Xunta e alcaldes da área metropolitana de Vigo a un paso de asinar un acordo histórico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e os 14 alcaldes dos concellos que forman parte da área metropolitana (Vigo, Redondela, Cangas, Moaña, Porriño, Mos, Nigrán, Baiona, Gondomar, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos) mantiveron onte una reunión de mais de tres horas, para abordar a modificación da actual normativa en vigor, tras a cal todos manifestaron os “importantes avances” obtidos e amosaronse optimistas de cara a lograr un consenso que permita a reforma.

A Xunta destaca os importantes avances logrados para acadar un consenso na área metropolitana de Vigo

Na reunión tamén estiveron o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, e tivo lugar no edificio da delegación da Xunta en Vigo.

“Non hai ningunha dificultade insalvable”, manifestou Rueda en declaracións aos medios ao termo do encontro, nas que amosou a súa satisfacción polo resultado do cónclave, que definiu como “moi necesario” e “frutífero”.

Hai acordo en arrancar con 14 concellos e abordar posteriormente a incorporación de máis municipios

“O fundamental é arrancar con 14”, explicou o vicepresidente da Xunta, que explicou que existe consenso en que é preciso arrancar con ese número, o contemplado na lei actual, para despois afrontar incorporacións de outros municipios cando a nova lei xa estea en vigor e a área en marcha.

Xunta e concellos manterán unha nova reunión para falar especificamente da cuestión do transporte, na que segue a haber diferenzas

No caso da gobernanza, tamén se produciron avances e a Xunta presentou a súa propia proposta para buscar un modelo equilibrado. Agora deberán ser os concellos que integran a área metropolitana e que participan no seu goberno os que deban chegar a un acordo sobre esta cuestión “no prazo máis ou menos rápido”, en palabras de Rueda.

Competencias
Así mesmo, o conselleiro de Presidencia tamén indicou que outro asunto que está pendente de pechar definitivamente é o do financiamento das competencias. Nesa liña, outro dos acordos que se produciu foi o de que debe contemplarse na lei que a Deputación de Pontevedra tamén transfira competencias a área, tal e como fan outras administracións.

Precisamente ao respecto das competencias, outra das cuestións nas que aínda non hai acordo é a do transporte metropolitano, xa que os concellos manteñen posturas diversas. En todo caso, hoxe decidiron manter novas reunións, de carácter específico e con técnicos da Xunta e dos concellos, para abordar esta cuestión e definir como se debe xestionar o transporte dende a área metropolitana. Unha cuestión non menor que o vicepresidente definiu como “unha competencia medular” da área.

- Publicidade -spot_img