spot_img
InicioVal MiñorNigránA Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil e ciclista en...

A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil e ciclista en Nigrán, que unirá a travesía de Praia América co paseo ata Baiona 

xunta-adxudica-as-obras-dunha-nova-senda-peonil-e-ciclista-nigran-unira-travesia-praia-america-co-paseo-ata-baionaEsta obra está enmarcada no Plan de sendas de Galicia na comarca de Vigo, no que a Xunta contempla un investimento de 4,3 millóns de euros para a construción de case 13 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de adxudicar á empresa Civis Global S.L. as obras de execución dunha senda peonil e ciclista en Nigrán, entre a travesía de Praia América e o paseo ata Baiona (PO-325). As obras, que suporán un investimento autonómico de preto de 300.000 euros, comezarán a finais de verán e terán un prazo de execución de tres meses.

Esta actuación forma parte do Plan de sendas de Galicia e será cofinanciada con Fondos Feder do programa operativo 14/20.

A obra ten por obxecto darlle continuidade á senda xa executada no ano 2013 e realizar unha reordenación do tráfico, mellorando ademais o firme da estrada autonómica nesta zona. Concretamente, a senda de algo máis de 300 metros iníciase na intersección coa avenida Praia América e coa rúa Francisca Lago (punto quilométrico 14+700 da PO-325), e finaliza na intersección coa rúa Foz, lugar no que comeza o paseo ata Baiona.

xunta-adxudica-as-obras-dunha-nova-senda-peonil-e-ciclista-nigran-unira-travesia-praia-america-co-paseo-ata-baionaA senda, que será de uso mixto, para peóns e ciclistas, terá un ancho de 2,5 metros e estará separada da estrada por unha banda vexetal e a beiravía, para o que se ampliará a calzada pola marxe dereita ata o límite do dominio público, sen ser necesarias expropiacións. Tamén se mellorará o firme, se renovará a beirarrúa da marxe esquerda e se instalará unha rede de drenaxe para a canalización das augas pluviais.

Ademais, aproveitaranse estes traballos para realizar outras actuacións complementarias na rede de drenaxe para as augas pluviais; substituír o alumeado, no lado esquerdo; e realizar a canalización para a instalación de futuros servizos.

- Publicidade -spot_img