spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA XI edición da Gala do Deporte da Guarda celebra con máis...

A XI edición da Gala do Deporte da Guarda celebra con máis de 30 premios a ‘boa saúde’ do deporte na vila

xi-edicion-da-gala-do-deporte-da-guarda-celebra-mais-30-premios-boa-saude-do-deporte-na-vilaO xornalista Terio Carrera foi o encargado de dirixir un evento no que se premiaron a máis de 30 persoas pola súa contribución ao deporte local no ámbito do judo, a natación, o balonmán, o hockey, a petanca, o atletismo, o fútbol, o ciclismo e o remo.

O Centro Cultural encheuse onte para celebrar os logros e méritos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas do municipio, na XI Gala do Deporte guardés.

A gala comezou coa reproducción dunha montaxe audiovisual coa que o público reviviu a emoción que, en maio de 2017, alagou o pabillón da Sangriña tras a victoria do Mecalia Atlético Guardés na Liga Loterías. Esta é, segundo relatou  o presentador, Terio Carrea, unha mostra da «boa saúde da que goza o deporte na Guarda».

A actriz Beatriz Campos tamén participu no evento -amadriñado pola xogadora e capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro-  cun monólogo humorístico centrado nas súas propias habilidades deportivas e nos mitos que rodean ao popular presentador da gala.

Atletismo e hockey

A entrega de premios incluíu o recoñecemento aos atletas guardeses máis detacados, da man do presidente do Club de Tenis Codesal, Javier del Amo. Así, animouse a subir ao escenario ao «home máis rápido da Guarda», velocista Sergio Rodríguez, que ven de conseguir o seu duodécimo título de Campión Galego Absoluto; a atleta Elsa pena, aínda cun nocello mancado tras a victoria acadada fai uns días no Campionado Galego; os veteranos atletas Antonio Pena e Manuel Flores, campiones galegos nas súas respectivas categorías; e os irmáns Álex e Cristian Sierpes, novos atletas que acumulan xa numerosos recoñecementos e veñen de compartir podio no XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta.

O equipo de atletismodo Club San Xerome, composto por Luis Antonio Sandez, Borja Cadilla e Armando Verde, recibiu tamén un merecido recoñecemento, grazas ao bronce acadado polos tres deportistas no Campionato de España de campo a través en 2017.

Os xogadores do equipo A Guarda Hockey Liña, Sheila Silva, Pablo Castro, Claudia Rial e Lucas Moreira, recibiron un premio da man do xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, pola súa recente convocatoria na Selección Galega de Hockey Liña. A nai de Lucas Moreira foi a encargada de recoller o premio do xogador, ausente na gala por mor doutros compromisos deportivos.

Ciclismo, judo e remo

Mª Concepción Ortega, membro da Corporación Municipal, foi a encargada de entregar os recoñecementos ás judocas Tecla Cadilla (ausente na gala), actual campioa da Supercopa de España na categoría -57 kg; eVerónica Pérez, subcampeoa de España infantil en -44 kg; e o tamén judoca Brais Pereira, medalla de prata na Copa de España Júnior na categoría -81 kg. A eles uníronse a recoñecida ciclista de ciclocross Montserrat Martínez e o tamén ciclista Aser Estévez, gañador autonómico no ránking de carretera en categoría Élite.

remeiroDamián Alonso, que ven de gañar dous ouros e un bronce no Campionato do Mundo de Remo Indoor, recolleu un merecido premio polo éxito europeo acadado o pasado ano da man de Jorge Pazos, ao igual que os remeiros de San Xerome-Robaleira, Jaime Álvarez e Rosa Álvarez, campiones ambos de remoergómetro adaptado a nivel nacional. Igualmente, recoñeceuse o traballo do remeiro Rodrigo Conde, actual subcampión de España de remoergómetro, e o veterano Jesús González, bronce no Campionato de España de remoergómetro, malia que ambos desculparon a súa asencia por cuestións de axenda.

Impulsores do deporte local

A gala tamén agradeceu o labor de persoas que, como Serafín González, contribuíron co seu labor á promoción do deporte na vila. Así, a concelleira Teresa Vicente entregou ao exdirectivo do Club de Remo Robaleira un agasallo co que se recoñeceu a súa traxectoria ao fronte da entidade ata o 2017. De igual xeito, Andrés Mirás subiu ao escenario para recibir un recoñecemento polo seu labor como impulsor da petanca na vila, un deporte que gaña adeptos e conta na actualidade con catro novas pistas para a súa práctica no antigo campo de fútbol do Codesal.

Nesta mesma liña, Valentín Carrero e José Ignacio del Pozo (este último ausente), recibiron un agasallo en agradecemento por retomar a andaina do equipo Gimnástico DeportivoMiño dende o ano 1997 ata o 2017; e a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) tamén participou no evento en calidade de premiado, polo seu apoio ao deporte local a través do patrocinio ao Club de Balonmán Atlético Guardés. Joaquín Cadilla, en representación da organización, foi o encargado de recoller o galardón, entregado pola concelleira guardesa e deputada provincial, Montserrat Magallanes.

Natación e Balonmán

A natación tamén tivo cabida no evento deportivo, co recoñecemento aos éxitos a nivel autonómico acadados pola nadadora guardesa Rosalía Soler. Deseguido, recoñeceuse os logros no ámbito do balonmán, co Atlético guardés como gran protagonista. Así, en primeiro lugar, dedicouse unha caloroso recoñecemento á madriña do evento e, xunto a ela, premiouse á cadete do Atlético Guardés e xogadora da selección galega, Ithaisa Trigo«o presente e o futuro no balonmán», referiu Terio Carrera.

Finalizando a gala, sumáronse á celebración no escenario  a xogadora Ana Portu, o presidente José Manuel Silva e o membro da directiva, Juan Rodríguez,  que recibiron un galardón en representación do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, gran símbolo do éxito e o deporte na vila.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, quixo pechar esta undécima Gala do Deporte dando á benvida ás novas entidades e asociacións deportivas de baloncesto, petanca e volei praia, que veñen de  crearse na Guarda. Así mesmo, o rexedor local anunciou a creación de novas instalacións deportivas, tales como un ‘training box’ e unha nova pista de skate, coas que se contrinuirá á práctica destes deportes.

Fuente//Concello da Guarda

- Publicidade -spot_img