spot_img
InicioO MorrazoXadrez Marín esta competindo en Viveiro con 3 xadrecistas na categoria sub14...

Xadrez Marín esta competindo en Viveiro con 3 xadrecistas na categoria sub14 e sub18

xadrez-marin-esta-competindo-en-viveiro-con-3-xadrecistas-na-categoria-sub14-e-sub18O Club Xadrez Marín esta competindo desde o 6 de febreiro ata o dia 9 na localidade luguesa de Viveiro con 3 xadrecistas na categoria sub14 e sub18.

Trátase da actual campioa de Pontevedra Paula Álvarez, o subcampeon Ángel Ferreño e Victor Santiago que finalizou 7º de pontevedra.

O torneo desenvólvese a 8 roldas onde o club aspira a colocar aos 3 xadrecistas entre os mellores da categoria.

Liga galega de xadrez

Por outra banda , este próximo sábado reiníciase a liga galega, terceira xornada, onde o Xadrez Marín compite con 6 equipos. Cafeteria Aroma Marín A xoga en Vigo, o lider de segunda division o Merendero Marín B, xoga en Marín contra o Portas , mentres que Taperia o casarío Marín C xogase en Pontevedra.

Os dous equipos de terceira division xogan un en Marín ( Alumnios Barragans), mentres que o Berpamar administración viaxa á Estrada.

Os mais pequenos que xogan co equipo Dibay Marín infantil tamén xogan en Marin na casa de Briz.

- Publicidade -spot_img