A VII Eurocidade BTT reunirá a máis de 1.200 participantes

vii-eurocidade-btt-reunira-mais-1-200-participantesO próximo domingo 4 de marzo, a partir das 09.00 horas españolas, dende a piscina municipal de Valença, sairá a “VII Eurocidade BTT”, proba deportiva de ciclismo de montaña, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, que percorrerá polas dúas cidades e polos dous montes, o Aloia e o Faro, con dous posibles percorridos, un de 42 e outro de 74 quilómetros, dependendo do nivel de cada participante.

A organización pechou o pasado sábado as inscricións, chegando ao número máximo de participantes. Un total de 1.260 ciclistas, chegados na súa maior parte de Portugal e Galicia, tomarán a saída na proba máis participativa do calendario da Eurocidade 2018, que ano a ano segue sendo cita fixa no calendario dos afeccionados ao BTT.

Dado o número de inscritos, a organización estableceu tres puntos de recollida de dorsais: XtremBike (tenda de bicicletas de montaña de Vigo) o venres pola tarde e o sábado de mañá; en GripBikes Tui o sábado pola tarde; e por último, o día da proba, dende ás 08.00 ata as 08:45 horas españolas, na zona da saída.

Os acompañantes dos participantes poderán participar nunha andaina, que percorrerá a ribeira do Miño, entre Valença e Tui, cos monitores do Club AndaTui Rego da Pedra.

A proba estará controlada en todo momento polos membros da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, pola GNR, a Garda Civil, a policía local de Tui, así como pola Cruz Vermella Española, Cruz Vermelha Portuguesa e Bombeiros Voluntarios de Valença.

Con motivo desta proba, a Ponte Internacional, a Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, rúa Cuenca, rúa San Telmo, rúa Antero Rubín, rúa Canónigo Valiño e San Bartolomé, estarán pechadas dende as 09.00 ata as 10.30 horas españolas, sendo habilitadas zonas de saídas alternativas para aqueles que o necesiten, solicitando dende o Concello a máxima colaboración dos veciños e veciñas de Tui.

vii-eurocidade-btt-reunira-mais-1-200-participantes

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies