spot_img
InicioVal MiñorNigránUsuarios do Centro Juan María reciben clases prácticas de educación viaria a...

Usuarios do Centro Juan María reciben clases prácticas de educación viaria a cargo da Policía Local de Nigrán

usuarios-do-centro-juan-maria-reciben-clases-practicas-de-educacion-viaria-a-cargo-da-policia-local-de-nigranA Policía Local de Nigrán imparte un ano máis clases de educación viaria nos concellos do municipio

Usuarios do Centro de Educación Especial Juan María recibiron hoxe no CPI de Panxón clases prácticas de educación viaria a cargo da Policía Local de Nigrán, que empregou para a ocasión triciclos, bicicletas adaptadas da asociación Discamino, e cars eléctricos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Os centros educativos de Nigrán benefícianse ao longo deste mes  de clases teóricas e prácticas completamente coordinadas, deseñadas e impartidas desde a Policía Local coa colaboración de DXT, que cede os recursos para un circuíto. Mantense así un traballo que este corpo iniciou no curso 2013/2014 impulsado polo propio inspector xefe José Manuel Vázquez.

O Grupo de Intervención Supramunicipal (GES) colabora tamén mostrando aos nenos os diferentes vehículos de emerxencia (como o camión de bombeiros). “Ensinámoslles a interpretar os sinais dos axentes, as luminosas, verticais e horizontais. Tamén lles indicamos como colocarse na bici, como facerse visibles, a obrigatoriedade do casco para menores de 16 anos…”, indica Teodoro da Pena, axente local encargado de Educación  Viaria.

 

 

- Publicidade -spot_img