spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda"Uniminho" organiza unha andaina que percorrerá a vila de Caminha, A Guarda...

“Uniminho” organiza unha andaina que percorrerá a vila de Caminha, A Guarda e O Rosal

2015_CARTELUNIMIHOO punto de partida será Forte de Lagarteira, na vila Praia de Âncora ás 9,30 horas. Dende ese espazo os participantes recorrerán unha distancia de 14 quilómetros, polo que espérase que a ruta dure como máximo cinco horas.

Os camiñantes pasearán por exemplo pola praia de Moledo, o estuario do Miño e Coura, polo centro histórico de Caminha, polo Castelo de Santa Cruz no Concello da Guarda ou pola Senda dos Pescadores no Rosal.

Nesta andaina, que ten un valor tanto paisaxístico coma cultural e histórico, os participantes terán a oportunidade de gozar da gastronomía probando sardiñas, espadarte e viño das Rías Baixas galegas.

Nesta ruta é preciso utilizar o ferry que une Caminha con A Guarda, polo que os interesados deberán pagar o viaxe que custa un euro por persoa. Ó terminar a ruta, no Rosal, a organización pon un autobús que leva os camiñantes de novo a Portugal.

Todo aquel que estea interesado en participar nesta andaina debe inscribirse neste enlace: http://tecpro.com.pt/uniminho/eventos/

As prazas son limitadas e o período de inscrición está aberto ata o venres 29 de maio ás 15 horas.

- Publicidade -spot_img