spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaUnha recreación do asentamento castrexo da a benvida ao concello da Guarda

Unha recreación do asentamento castrexo da a benvida ao concello da Guarda

Unha recreación das vivendas castrexas representativas do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega da xa a benvida aos veciños, veciñas e visitantes que se achegan á Guarda por algunha das estradas que rematan na rotonda de San Roque.

O asentamento acompáñase do colorido nome da Guarda, en alusión a outro dos emblemas máis representativos e coñecidos da nosa vila: a característica paleta de cores das casas da fachada marítima do Porto guardés. As letras do nome do municipio, á súa vez, levántanse sobre unha base de grava azul en referencia ao río e o mar que nos rodean.

Nos próximos días completarase a actuación coa plantación de algunhas árbores de baixo porte e o crecemento do céspede, este último xa semeado. A obra, promovida polo Concello da Guarda, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2017, cun investimento total de 28.981,11€ .

- Publicidade -spot_img