spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha exposición permanente en Nigrán narrará a historia da bicicleta

Unha exposición permanente en Nigrán narrará a historia da bicicleta

unha-exposicion-permanente-en-nigran-narrara-a-historia-da-bicicleta

Unha pequena mostra estará na Alameda da Ramallosa o domingo 21 de agosto, coincidindo co paso de La Vuelta España, e do 22 ao 31 de agosto expoñeranse no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán poderá narrar mediante unha exposición temporal que posteriormente será permanente a historia da bicicleta grazas ao préstamo que fixo para este uso Luís Molist, coleccionista e ex corredor de 93 anos.

Este nigranés de adopción ten no seu haber desde unha bicicleta de 1926 que se utilizou na película ‘Os gozos e as sombras’, triciclos antigos, rodas con lamias de madeira, unha colección de faros desde 1795 e que van desde a xeración con luz de vela a eléctricos pasando polos de petróleo e carburos, o primeiro sistema de parches, sillines, publicacións sobre ciclismo, unha mostra da evolución nos cambios de marchas… Unha auténtica xoia posiblemente única en España e que se avanzará primeiro nunha pequena mostra o domingo 21 de agosto na Alameda de San Campio da Ramallosa coincidindo co paso de La Vuelta a España e que, ao día seguinte e ata o 31 de agosto, será visible por completo no Auditorio Municipal, onde se sumará ademais a colección privada do nigranés Antonio Piñeiro, apaixonado da marca vasca Orbea e con máis de 50 auténticas ‘reliquias’ no seu haber.

Luís Molist cede ao Concello de Nigrán o uso da súa colección co fin de poder mostrala publicamente, por iso, o Concello buscará un lugar adecuado no que se poida expoñer de forma permanente, entre eles barállase empregar de maneira inicial a aula sen uso hoxe das antigas escolas infantís de Balinfra (Camos).

- Publicidade -spot_img