spot_img
InicioBaixo MiñoUnha explotación de kiwi de Tui, exemplo de emprendemento xuvenil

Unha explotación de kiwi de Tui, exemplo de emprendemento xuvenil

Cores-Tourís-coñeceu-unha-explotación-kiwi-Tui-exemplo-emprendemento-xuvenil O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Tui para coñecer a explotación de kiwi instalada na parroquia de Salceda e que conta cunha axuda da Consellería de Medio Rural e Mar de case de 22.000 euros en total.

Cores Tourís coñeceu unha explotación de kiwi de Tui, exemplo de emprendemento xuvenil

O delegado territorial foi invitado a coñecer esta nova iniciativa empresarial do municipio polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e o dono da explotación, Mijail Ghanime.

Tal e como explicou o responsable da iniciativa a Cores Tourís, o obxectivo da subvención que recibiu por parte de Medio Rural e do Mar foi a mellora da vivenda da explotación, na que levou a cabo traballos de encintado e pintado, renovación de portas e fiestras, instalación dunha estufa, así como a reforma das vigas e da cuberta por un total de 20.000 euros.

Ademais, a maiores tamén levou a cabo a compra de maquinaria (fresadora, desbrozadora, equipo de fertilización e de tratamentos fitosanitarios), investindo 10.500 euros, dos cales case 2.000 foron aportados a través da mesma subvención da administración autonómica.

O empresario acolleuse a unha axuda da administración autonómica de case 22.000 euros para a incorporación de mozos a actividades agrarias

Ademais, tamén conta cun plan de mellora da explotación que se atopa situada en Vilaboa de Tui e conta cunha extensión de 1,72 hectáreas. Mijail Ghanime fíxose cargo dunha explotación preexistente, tendo xa algo de experiencia no sector agrario, xa que puxo en marcha unha pequena granxa de ovino-caprino en 2008 e é enxeñeiro agrónomo.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, puxo esta iniciativa como exemplo dos novos emprendedores que apostan polo medio rural. Recordou que as subvencións as que se acolleu esta nova explotación teñen por obxectivo “fomentar a modernización e ampliación das instalacións agrogandeiras de Pontevedra e impulsar a incorporación de mozos ao medio rural”

Sinto unha enorme satisfacción ao atoparme xente como Mijail Ghanime, que aposta polo futuro do rural e polo sector agrogandeiro. Este tipo de iniciativas contan con todo o apoio por parte da Xunta de Galicia”, engadiu Cores Tourís, destinando así axudas para 11 explotacións e 30 mozos na provincia de Pontevedra. Con estas achegas “actúase de xeito importante na modernización das instalacións do sector agrícola”, promovendo deste xeito “o desenvolvemento da actividade económica no rural da provincia”.

- Publicidade -spot_img