spot_img
InicioGaliciaUn total de 109 areais galegos lucirán o distintivo de Bandeira Azul...

Un total de 109 areais galegos lucirán o distintivo de Bandeira Azul este verán

unha-tempada-de-praia-exitosa-e-sen-incidentes-marcou-o-veran-da-guardaGalicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 109 bandeiras para os areais de 34 concellos, 15 portos deportivos e incrementa ata os 17 a distinción para centros azuis

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 109; que se eleva a 124 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 146 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,50) das 590 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalá (123 bandeiras).

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego -e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 13 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2017; e a recuperación da bandeira azul para a praia de Santa Marta en Baiona; e de Areas e Caneliñas, en Sanxenxo.

Na provincia da Coruña, os municipios de Arteixo e Boiro son os que máis recoñecementos deste tipo obteñen este ano, con sete; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos. As praias de Mañóns (Boiro), Razo (Carballo) e Oza (A Coruña) volven sumarse aos listado de areais galardoados coa bandeira azul.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é un ano máis o concello máis recoñecido, con cinco galardóns para as praias de Areoura, Peizás, Llás, As Polas e A Rapadoira; mentres que perde o distintivo para a praia da Pampillosa; e a praia do Portelo, en Burela, tamén lucirá este distintivo xunto coas praias da Marosa e Ril.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 23 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuis para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos).

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis

En relación aos portos deportivos, en 2018 Galicia obtén 15 galardóns, sendo a provincia da Coruña a primeira en encabezar a lista con sete portos, seguida por Pontevedra con seis e dous da provincia de Lugo.

É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 17 centros azuis, dous máis que na anterior edición, dun total de 74 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sustentable, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Boiro, Muros, A Laracha, Camariñas, Burela e Cervo, por ser quen de manter estes recoñecementos.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais e indicase en amarelo as praias con nova bandeira nesta edición:

PROVINCIA DA CORUÑA
Concello
Praia
Boiro
Barraña
Carragueiros
Mañóns
Retorta
Barraña-Saltiño
Ladeira do Chazo
Piñeirón
Muros
San Francisco
Dumbría
Ézaro
Camariñas
Arou
Laxe
Laxe
Ponteceso
Valarés
Ermida
Osmo
Carballo
Razo
Saíñas
Pedra do Sal
A Laracha
Caión
Arteixo
O Reiro
Barrañán
Combouzas
Valcovo
Hucha
A Salsa (Repibelo)
Sabón
A Coruña
Riazor
Orzán- Matadero
San Amaro
As Lapas
Oza
Oleiros
Bastiagueiro
Mera
Espiñeiro
Santa Cristina
Naval
Miño
Perbes- Andahío
Ferrol
Doniños
San Xurxo
Esmelle
A Fragata- Pareixal
TOTAIS: 13
40
 
PROVINCIA DE LUGO
 
Concello
Praia
O Vicedo
Xilloi
Viveiro
Area
Xove
Esteiro
Cervo
O Torno
Burela
A Marosa
Ril
O Portelo
 
Foz
Areoura
Peizás
Llás
As Polas
A Rapadoira
Ribadeo
Os Castros- Illas
As Catedrais
TOTAL: 7
14
 
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
 
Concello
Praia
A Guarda
O Muíño
Area Grande
Baiona
Os Frades
A Barbeira
A Concheira
A Ribeira
Santa Marta
Nigrán
Praia América
Panxón
Patos
Vigo
O Vao
Argazada
Rodas- Illas Cíes
Figueiras- Illas Cíes
A Punta
Tombo do Gato
Fortiñón
Canido
Fontaiña
Redondela
De Cesantes (dereita)
Moaña
Praia do Con
 
 
 
Cangas do Morrazo
Areabrava
Nerga
Menduiña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
 
 
Bueu
Area de Bon
Portomaior
Lagos
Lapamán
 
 
Marín
Aguete
Mogor
Portocelo
O Santo- Coviña
Poio
Cabeceira
 
Sanxenxo
Areas
Caneliñas
A Lanzada- O Espiñeiro
Canelas
Montalvo
Silgar
Bascuas
Major
Foxos
Areas Gordas A Lapas
Pragueira
Baltar
Paxariñas
Vilagarcía de Arousa
Preguntoiro
Campanario
Illa de Arousa
Area de Secada
Bao (Camaxe)
Ponte Caldelas
Praia fluvial A Calzada
TOTAL: 14
55
 

Sendeiros azuis

 
Provincia
Concello
Sendeiro
A Coruña
Camariñas
Sendeiro Costa da Morte
Oleiros
Costa Libre
A Laracha
Sendeiro de Saldoiro
Boiro
Sendeiro litoral de Boiro
A Coruña
Senda Azul Litoral da Coruña
Carballo
Senda de Mar: Razo-Baldaio
Arteixo
Senda Litoral de Arteixo
Total
7
Lugo
Burela
Sendeiro azul Ruta litoral burelés
Foz
Paseo ruta das Praias de Foz
Ribadeo
Ruta do faro de Illa Pancha e As Aceas
Cervo
Sendeiro azul do Torno
Total
4
Pontevedra
Cangas do Morrazo
Roteiro de Donón
Vigo
Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar
Senda entre faros, Islas Cíes-Vigo
Senda litoral e do Monte da Guía
Bueu
Ruta de sendeirismo Cabo Udra
Illa de Arousa
Senda perimentral Bao-Xastelas
A Guarda
Senda litoral da Guarda
Nigrán
Sendeiro litoral Praia América-Panxón
Baiona
Sendeiro litoral de Baiona
Marín
Ruta das praias e os cinco: Miradoiros de Marín
Ponte Caldelas
Sendeiro azul do río Verdugo
Sanxenxo

(Rede de sendeiros azuis de Sanxenxo)

Tramo Sendeiro máxico da Lanzada
Tramo Major- Montalvo
Tramo Montavo- Paxariñas
Tramo Canelas- Punta Cabicastro
Tramo Sanxenxo- Portonovo
Tramo Areas- Punta Festiñazo
Total
12
- Publicidade -spot_img