spot_img
InicioVal MiñorBaionaUn equipo de persoas con discapacidade do CAPD Redondela da Xunta participan...

Un equipo de persoas con discapacidade do CAPD Redondela da Xunta participan no Príncipe de Asturias de Vela do MRCY de Baiona

equipo-persoas-discapacidade-CAPD-Redondela-Xunta-participan-Príncipe-Asturias-Vela-MRCY-Baiona

Un equipo composto por cinco alumnos do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Redondela, dous docentes e dous adestradores do Monte Real Clube de Iates de Baiona participarán no 30º Trofeo Príncipe de Asturias de Vela, que terá lugar o próximo fin de semana, 5 e 6 de setembro, nesta localidade pontevedresa.

A Consellería de Traballo e Benestar desenvolve o programa ‘Lecer Activo’ que pretende fomentar a autoestima e reforzar as potencialidades deste colectivo

A Consellería de Traballo e Benestar considera de gran importancia o deporte adaptado ás persoas con discapacidade por tratarse dunha canle para coñecer xente, facer novos compañeiros e amigos, así como un elemento básico para a saúde, a autonomía e o desenvolvemento persoal.

equipo-persoas-discapacidade-CAPD-Redondela-Xunta-participan-Príncipe-Asturias-Vela-MRCY-Baiona
Alumnos del CAPD Redondela en la Escuela de Vela Adaptada del MRCYB

 

O deporte adaptado constitúe unha canle para coñecer xente, facer novos compañeiros e amigos, un elemento básico para a saúde, a autonomía e para a integración das persoas

Neste sentido, a través da Secretaría Xeral de Política Social, o departamento autonómico desenvolve o programa ‘Lecer Activo’ que pretende fomentar a súa autoestima e reforzar as súas potencialidades. Ata a actualidade, a experiencia levábase a cabo con persoas con discapacidade física e, este ano por primeira vez, amplíase a persoas con outras tipoloxías de discapacidade, fundamentalmente intelectual.

Este ano ofértanse 140 prazas en dous campamentos específicos para mozos e mozas con discapacidade nas instalacións de Gandarío (Bergondo) e Panxón (Nigrán) no marco da Campaña de Verán da Xunta

A actividade física e o deporte foméntase tamén a través da Campaña de Verán da Xunta. Este ano ofértanse 140 prazas en dous campamentos específicos para mozos e mozas con discapacidade nas instalacións de Gandarío (Bergondo) e Panxón (Nigrán) nos que as actividades náuticas tamén están presentes. Ademais, refórzanse os campamentos ordinarios coa contratación de monitores para que os nenos e nenas con discapacidade poidan participar en igualdade de oportunidades.

O Trofeo Príncipe de Asturias é unha regata que une a un gran número de barcos de distintos tipos. Esta iniciativa pretende que persoas con discapacidade poidan competir nunha regata en igualdade de condicións xunto a outras persoas sen discapacidade, así como no resto de actividades programadas como o almorzo, cea ou a entrega de premios.

- Publicidade -spot_img